tag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post153239580886510060..comments2023-08-27T12:25:41.475+02:00Comments on NO VENTO DE CAVANARDÁ: Un mundo felizUnknownnoreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post-20376302436309171772010-01-07T23:03:24.445+01:002010-01-07T23:03:24.445+01:00NOTICIA DE GALICIA HOXE:
Bauman desenmascara a av...NOTICIA DE GALICIA HOXE:

Bauman desenmascara a avareza ávida do capitalismo
O sociólogo polaco analiza, no seu último libro, os perigos e os retos de vivirmos nunha sociedade de consumidores "a crédito"
J. RÁBAGO/EFE

O sociólogo polaco Zygmunt Bauman analiza no seu último libro o estado actual e os retos dun mundo globalizado no que todo, a natureza e o propio ser humano, parece converterse en mercadoría e o cidadán un simple consumidor. En Living on borrowed estafe (Vivir co tempo prestado), Bauman contesta as preguntas da xornalista Citatli Rovirosa-Madrazo e desenvolve, á luz da crise financeira, fenómenos como a migración, o terrorismo ou o integrismo.

A crise actual é, na súa opinión , froito directo dun proceso sistemático de transformación da sociedade tradicional de produtores noutra de consumidores. Consumidores ademais endebedados ata as cellas por esquecer a virtude capital sinalada por Max Weber que fixo posible a anterior fase capitalista: o adiamento da satisfacción do desexo. "Goza agora e paga máis tarde", é a consigna do momento, con consecuencias desastrosas.

Bauman conta como un banco británico descubriu hai pouco ese xogo cando negou a renovación dos cartóns de crédito dos clientes que satisfacían relixiosamente as súas facturas cada mes e evitaban o pago de intereses, que era o gran negocio. Con apoio en moitos casos da esquerda socialdemócrata chegouse ao que cualifica de Estado do benestar para ricos: o diñeiro público utilízase para apontoar empresas (IBM, Boeing ou General Motors) ou bancos.

A fonte principal de acumulación capitalista trasladouse da industria ao mercado do consumo e para manter vivo o capitalismo, hai que subvencionar tanto a quen vende como a quen consome, tarefa encomendada ao crédito. Con todo, como viu xa hai un século Rosa Luxemburgo, o capitalismo necesita sempre novos campos onde pastar e non parece lonxe o momento no que se lle esgoten os pasteiros.

Lonxe de ser un sistema que tende ao equilibrio grazas á chamada man invisible do mercado, a economía capitalista demostrou xerar inestabilidade descomunais, cun custo enorme en materia de destrución de emprego e da rede social.

O novo estado policial

Na análise de Bauman, no novo capitalismo de consumidores, que xa non de produtores, o estado social perdeu a súa función inicial de manter con saúde un exército de reserva de produtores e soldados. Ocorre, sobre todo, nas sociedades emerxentes de servizos e de exércitos profesionalizados. Os pobres, os inadaptados ao sistema, non consomen e deixaron de ser un problema social que afecta a todos para converterse noutro de lei e orde, e o Estado, cada vez máis impotente debido ao dobre proceso de desregulación e globalización, limita cada vez máis as súas funcións aos locais de control e á policía.Zygmunt Baumannoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post-71560915711435559702009-12-29T19:23:46.938+01:002009-12-29T19:23:46.938+01:00Y libres para ser engañados con la utilización per...Y libres para ser engañados con la utilización perversa de ese concepto. Ahora también se legisla para garantizar la libertad de NON APRENDER un idioma, y se impone a los demás la ignorancia obligatoria en el. Eso si, se vende como libertad de elección, en abstracto.galegohttp://www.culturagalega.org/noticia.php?id=16029noreply@blogger.com