tag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post4243344545573359237..comments2023-08-27T12:25:41.475+02:00Comments on NO VENTO DE CAVANARDÁ: Mitin do BNG en Ribadeo: máis Galiza e outra EuropaUnknownnoreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post-90505157087782332732009-05-26T10:20:32.239+02:002009-05-26T10:20:32.239+02:00Olá a todos/as
concordo coa preocupación pola efi...Olá a todos/as

concordo coa preocupación pola eficacia na comunicación das nosas ideas. Infelizmente, na sociedade actual a política derivou na súa parte mediática en exercicios de márketing e de publicidade, con resultados que nos deberan facer reflexionar. Vímolo no caso do idioma, coa "imposición" do galego que inventaron no ceo e trouxeron á terra os medios da dereita española. Tamén co perfil das campañas, nas que xa non se fala de medidas, de políticas, de programa, senón simplemente dunha certa contraposición de mensaxes efectistas. O caso é que nós, o nacionalismo, non temos o aparato de "propaganda" que si teñen PP e PSOE ao seu servizo. Uns (El Mundo, Cope, La Razón, ABC, Antena 3, Tele 5, Intereconomía e demais, ...) e outros (El País, Ser, Público, La Sexta, ...) teñen xeitos de abondo para facer chegar as súas mensaxes desde ese revestimento de "normalidade"; a nós situáronnos fóra, tapados por un muro de silencio que nos ningunea e nos nega, e desde logo como termo "marcado", como os que precisan explicarse, lexitimarse.

Na etapa actual, penso que cómpre dedicar todos os esforzos a reforzar a organización. Cómpre que nos adiquemos a coidar "o corpo", a telo sano e activo, a facer músculo, ...porque veñen batallas duras, e só desde un corpo social e organizativo do nacionalismo máis amplo pero tamén máis consciente, máis comprometido e máis disposto a non deixarse enganar polas estratexias mediático-políticas que poida haber en cada momento conseguiremos poder enfrontalas con posibilidades de éxito. Penso, xa que logo, que nos fai falta máis militancia e máis actividade organizativa, reactivarnos pola vía das ideas e da clarificación colectiva das nosas posicións, atraendo a elas a máis xente. Máis sociedade no BNG, pois.

Mais, paralelamente, tamén máis BNG na sociedade. Quero dicir con isto que escribín nun post anterior, e do que cada vez estou máis convencido: temos que estar coa xente (que non é o mesmo que actuar como). Alén de nas nosas asociacións culturais, ecoloxistas, etc hai todo un mundo de estruturas colectivas que vertebran á sociedade e nas que o BNG apenas ten presenza, comparativamente co PP: comisións de festas, clubes deportivos, asociacións veciñais, colectivos do máis diverso tipo, ... Esa vai ser a mellor forma de que as nosas ideas vaian ter chegada directa á xente, sen intermediarios. Obviamente, iso non quita para que o BNG teña que repensar e analizar cal vai ser a súa estratexia mediática.

En conxunto, nesta etapa Guillerme Vázuqez penso que pode e que vai ser un bo portavoz nacional. Entendo o que dis, Sobchak, mais simplemente polo que foi o mitin do outro día, a xente saía contenta e agradecida da claridade expositiva e da enerxía que trasmitiu o novo portavoz. Por outro lado, o tempo e a prática axudan: pouco tiña a ver o Quintana orador dos primeiros tempos cos do final.

Déixoo aquí, que xa escribín abondo :)
Xavierxavierhttp://cavanarda.blogspot.comnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post-19443251766728300992009-05-25T22:49:09.199+02:002009-05-25T22:49:09.199+02:00Penso que neste momento o bloque ten que facer mai...Penso que neste momento o bloque ten que facer mais traballo de rúa, de cafés, de persoa a persoa. Estamos ante un escenario díficil, polo propio contexto que nos rodea e se define moi ben no artigo, unha sociedade dividida en dous formas de pensar e de idear alterantivas políticas que ben pouco se diferencian. Sistema bipartidista que conta con apoio meidático. Pola contra, xogan as minorias, as alternativas transformadoras, e a resposta ven a ser o silenciamento nalgúns casos, noutros a utilizacion de medios que impidan que esas forzas poidan presentarse ás eleccións europeas... No xogo deste Estado democrático e de Dereito, como asi reza a Cosntitución do Estado, non todos somos iguais, e non todos temos as mesmas oportunidades, os dereitos non son os mesmos para todos. Enchésenos a boca falando de democracia ( quizais porque no Estado Español chegou demasiado tarde en comparanza con outros paises), pero esa democracia real nunca chegou a ser tal. Despois, no caso galego, certo é , que o Bloque ven de facer unha mudanza na organización, de levar a cabo un debate fondo e de situar a novas persoas ao seu fronte. Non sei se Guillerme é un bó orador ou non, ou adaptandonos á terminoloxia mais actual, un bon comunicador, mais as veces que o escoitei, gustoume, e ilusionoume.E iso, é importante.Nestas eleccións vai haber moita abstención, hai unha apatia xeralizada, e coido que nestes momento actual de crise mundial temos que dar unha resposta nas furnas e evidenciar que queremos un cambio, unha Europa diferente, mais igualitaria nas relacións entre os pobos, e que respete a diversidade...Lulinoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post-73078776248346659842009-05-25T17:07:23.443+02:002009-05-25T17:07:23.443+02:00Independencia dunha puta vezIndependencia dunha puta vezErwan Ar Moalnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post-34475614048952312812009-05-25T11:21:40.853+02:002009-05-25T11:21:40.853+02:00o primeiro de todo, eu non son membro do BNG.
Pen...o primeiro de todo, eu non son membro do BNG.
Penso que fas unha analise moi acertada, mais precisamente o problema neste escenario para o Bloque é o de comunicar as suas propostas a sociedade galega de xeito constructivo e sen interferencias. Tenno moi complicado e vai ter que achar as suas propias vías de expresión.
E neste senso eu tenho as minhas dúbidas co papel de Guillerme Vázquez. Eu apenas o conhezo de cando era diputado na "Aznaridade". E non tenho del a idea de ser un bo orador/comunicador. Sempre quedaba coa impresión de que estivera un chanzo por debaixo de outros deputados do grupo mixto ( Labordeta, Saura...) Hai quen criticou que non fora deputado galego. Eu penso que iso non é importante. Hai tempo que a dialectica polítca se fai nos telexornais e non no Horreo. Mais non sei se é a mellor opción para comunciar as ideas do BNG. Ou se cadra si, e tan son son impresións personais minhas
Un saudinhoW. Sobchakhttp://cccp.blogaliza.orgnoreply@blogger.com