tag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post6735093855800597076..comments2023-08-27T12:25:41.475+02:00Comments on NO VENTO DE CAVANARDÁ: Quen elixe ou vota aos mercados?Unknownnoreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post-18258248674606137352010-05-25T16:26:06.363+02:002010-05-25T16:26:06.363+02:00http://www.youtube.com/watch?v=8dXRaQPsS70&fea...http://www.youtube.com/watch?v=8dXRaQPsS70&feature=player_embedded#!

O enlace anterior é do video coas intervencións de Anguita.

Para Félix e Suso: eu no meu texto falaba de Grecia e España como exemplos concretos que evidenciaban unha orde xeral do FMI e dos poderes económicos, mais non reducía a cuestión a estes dous Estados, desde logo.

Sobre a rendición social, habería que falar moito sobre cada caso. Poderiamos avaliar o papel das forzas políticas, dos medios de comunicación, dos sindicatos, ... O que é evidente é a rendición das socialdemocracias europeas -ou do social-liberalismo, para mellor caracterizalas- ás teorías económicas do FMI e dos "mercados financeiros", coas consecuencias sociais que diso se derivan e coa gravísima, ao meu entender, carta de natureza que se lle dá a estas esixencias como non ideolóxicas, como non políticas, cando é obvio que responden a unha ideoloxía moi determinada, que ademais é a mesma que causou a crise. Por certo, ese poder que xa se asume como irreversible e que está por riba dos propios Estados vén de solicitar no seu informe para España a progresiva bancarización do sistema de caixas, a eliminación do control político das mesmas e a súa desterritorialización progresiva. En román paladino, para o caso galego quedarmos sen ferramentas propias de apoio aos nosos sectores produtivas e sen capacidade, por tanto, de desenvolver unha mínima política económica de planificación e vontade de desenvolvemento endóxeno.

Apertas aos dous!!Xaviernoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post-6278607994506623982010-05-23T18:06:53.270+02:002010-05-23T18:06:53.270+02:00E mentres tanto algúns seguen obsesionados cos Est...E mentres tanto algúns seguen obsesionados cos Estados, coa indisoluble unidade da patrai, ... Os estados xa non pintan nada. Son unha mercancía máis que está na feira e que se pode comprar ou vender a gusto "dos mercados".Suso F. Acevedohttps://www.blogger.com/profile/18122599625462221087noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5192555622278313994.post-37641455520574902922010-05-22T15:32:27.801+02:002010-05-22T15:32:27.801+02:00Só dúas precisións:
Primera, A nomeclatura da UE ...Só dúas precisións:
Primera, A nomeclatura da UE e o FMI non só impoñen condicións a Grecia e España, é unha "orde" xeral. Non é obxectivo reducir os problemas a Grecia e moito menos a España. España non serve sin de exemplo das perversións financeiras. Estados como Italia e Gran Bretaña, e non falemos de Irlanda, están en condicións macroeconómicas moito peores que España. A debilidade de España é outra, e mesmo ten raigames sociais e de organización da produción --que aínda é autárquica en moitas actividades, ao que se suma a debilidade fiscal, pois aquí só pagan impostos de xeito regular os asalariados.
E segundo, a rendición non ñe só dos Estados, hai unha rendición social moito máis influinte do que estamos a valorar. Os galegos, por exemplo, teen interiorizado como un asunto capital a fusión das caixas ou o tren de alta velocidade, cando en realidade hai problemas e disfuncións moito máis graves que, por riba, teñen a orixe e a solución aquí, non en Madrid ou en Bruxelas.
Unha aperta.Im-Pulsohttps://www.blogger.com/profile/11632873012642185316noreply@blogger.com