Correndo pola lingua

E seguimos con temas de lingua, porque onte tivo lugar en Compostela o Correlingua 2009, no que participaron case 5000 estudantes de ensino medio. Ao ler hoxe a nova nos xornais, lembreime de Big Beñat, aquela canción que Fermín Muguruza preparara para o Correlíngua vasco, a Korrika. Muguruza, impulsor do movemento Milaka Bilaka (Miles Buscando) polo remate da violencia, a paz e a autoderminación, cantaba no tema -que podedes ver con subtítulos en español no video- a necesidade de manter o euskera como símbolo de identidade que ofertar aos demais, nun planeta que escora cara a uniformización cultural. Pois iso, que fronte ao mundo MacDonalds podemos ofertar un mundo diverso, plural e rico, rico co sabor de cada unha das terras e das culturas que o conforman. En galego estamos no mundo!


Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios