Que otros se jacten de las páginas que han escrito; a mi me enorgullecen las que he leído. Unha amiga que ten o bo costume de agasallarme palabras envíame a frase de Borges nun seu correo. E penso que ten razón. Se para algo me serviu este blog foi para ler a outros, para aprender, compartir, indignarme ou marabillarme con outros. Para seguir metodicamente algunhas voces de xornalistas ( Fran P. Lorenzo, M. Jabois, X.M. Pereiro, M. Rivas) e políticos (Anxo Guerreiro, Francisco Rodríguez) cada día máis necesarias. Para atender con interese ás análises de Félix Sória e Fermín Bouza, e gozar da intelixencia, o humor e o rigor de Suso Fdez. Acevedo. Para engancharme das lándoas de Arturo Casas, un espazo de análise realmente diferente, que unía capacidade crítica con valentía para dicir, mérito nada menor nun panorama intelectual de noso que ás veces se mostra domesticado, intereseiro e pusilánime demais. Houbo outras voces, por suposto, pero foron estas as que máis a cotío empurrou o vento cara esta ribeira do Cantábrico. Foron iso: aire para respirar, osíxeno en tempos tóxicos e escuros. Dá gusto lelos e difundilos, ver nas súas palabras espellado aquilo que nós pensamos e queremos transmitir, reparar en luces e sombras que os focos oficiais difuminan ou ocultan. Beizón a todos eles, por seguirmos xuntos na defensa da alegría.
Unha aperta,"amijo" (que din nas Rías "Bajas")
ResponderExcluirNon tes por que facer as maletas, oh. Deixa a roupa gardada na cómoda, cunhas folliñas de lavanda e airéaa o primeiro domingo de cada mes. Así podemos collerche un xersei ou unha camisola desas que tanto avío nos fan de cando en vez... A verdade é que conseguiches facer deste un recuncho edificante. Unha aperta e boa viaxe!
ResponderExcluirOla Xavier, acabo de ler os teus dous últimos posts e xa me quero apropiar desa imaxe do boxeador. Os que seguimos o vento de cavanardá nestes últimos tempos non só aprezamos ideas e metáforas como esa, senón algo máis intanxíbel e prezado como é a emoción e a verdade que transmite todo o que dis. Sen sabelo diría que atrás deses textos hai un poeta, no bo sentido da palabra poeta ;-) Dígoo a serio. Para moitos, sempre son máis dos que un pensa, ver marchar ese vento mareiro vai ser unha mágoa. Acouga pensar que, en todo caso, esa enerxía que en moitas ocasións me transmitiu o teu pensamento e a túa maneira de contalo non se destruirá -por unha lei física- e que se irá transformar noutra cousa, poida que mellor ou distinta. Oxalá sexa así e onde for poidamos sabelo. Unha aperta grande
ResponderExcluirChuchos e apertas a todos: Mónica, Félix, Fran...
ResponderExcluirNon vou pechar aínda o "chiringuito", mais ando niso. A verdade é que para facer algo é mellor facelo ben, e para facelo ben precísase tempo, motivación e enerxías Estou nunha etapa na que outros proxectos me chaman máis, e quero dedicarlles máis atención, daí que co blog estea nos quilómetros finais. Con todo, aínda algunhas cousiñas irán aparecendo por aquí.
O dito, obrigado e apertas, compañeir@s.
Gracitas, meu :)
ResponderExcluirXa que citas a alunhas das plumas que merecen a pena nos xornais galegos podes botarlle unha ollada tamén a este Diego E. Barros, que non coñecía e, como mínimo, resulta cañeiro.
ResponderExcluirUn saúdo
Abel V.