A memoria méntenos, recrea libremente o vivido e muda as circunstancias. Houbo un tempo no que Sabina e Viceversa, gravados en cinta e escoitados unha e outra vez, unha e outra vez, poboaran terceiro de BUP e puxeran son a aquel verán da Veiga, inesperado, de baixadas adolescentes correndo polo madrugar da noite - calexón do Padre Feijoo- en estampidas de cabalos desbocados. Antes fora Extremoduro, Nirvana, ao tempo quizais Oasis. Ao pouco, por algures, soaron tamén Stone Roses e fixémonos de súpeto modernos, sen transicións de fase. Que demasiao , lembras?, quizais a cantamos unha noite no Orense, ou quizais non. Se foi que si, foi xogando a contar tazas con mosca e sen ela, mirándonos aos ollos sen ser capaces de tactar a dor que levabamos nos dentes, preñados coma estabamos de suficiencia e desexo. De ser que non, foi calquera outra, alegres e coa pel pintada de futuro, destemidos no incendio, empuñando por igual nos ollos pureza e confusión. Coas músicas tatuadas no pasado volven aqueles que fomos, o inestábel territorio que habitou en nós. Quero crer que somos os mesmos e non é certo. Mentímonos que si, mais non é certo. Deitamos a memoria nas sabas frescas da nostalxia, dunha certa feliz melancolía. Mirámonos na conversa, cómplices, e compartimos os espellos do pasado, ollándonos en fite: somos nós, dicimos, e sorrimos en silencio. Mais non é certo. Non é certo.
Quero pensar que somos diferentes, pero non peores. Máis maduros e, ó mesmo tempo, máis descreídos de todo.
ResponderExcluirE si, era no Orense, pero non só era Que demasiao, tamén nos criamos interesantes cantando a dúo diante das rapazas Tratado de la Impaciencia nº 10.
Tempos.
Tratado de Impaciencia nº 10. Corrección al hablar de cosas serias, por favor.
ResponderExcluirHay que reconocerlo.
ResponderExcluirCuando no defiende a trasnochados dictadores comunistas o hace apología de los terroristas palestinos,este Blog gana mucho.
Xavier, parece que vives sempre no pasado. Tan mal vai o presente?
ResponderExcluirMe da la impresión de que la querencia del autor del blog por los "terroristas palestinos" o por las ideas que plantean alternativas más justas para todos -y por tanto su oposición al capitalismo voraz en el que vivimos- tiene que ver con la certeza de que la lucha por la justicia y la solidaridad es la única posibilidad eticamente defendible para con los que no tienen visa permanente para Disneylandia.
ResponderExcluirLa recreación poética del pasado no creo que tenga nada que ver con la vivencia real del presente. O eso creo yo. Sería como confundir al autor real con el protagonista de la ficción. En todo caso, conteste si quiere, Xavier.
ResponderExcluirHoxe quedei fascinado ao descubrir a un doas autores portugueses máis interesantes da actualidade, Valter Hugo Mae, ao que coñecín no Teatro Campo Alegre do Porto, escribir en EL PAÍS sobre o clásico de onte. O artigo non é ningunha marabilla, a verdade (intúo que na tradución perdeu moitos sentidos e matices), mais sempre me gusta ver a un escritor que me interesa achegándose ao fútbol.
ResponderExcluirDeixo aquí o link:
http://www.elpais.com/articulo/deportes/Real/oh/Dios/Barca/elpepudep/20100411elpepudep_12/Tes
Do resto, agradezo moito todos os comentarios, aínda que non concorde con algunhas cousas. Dá igual. Por certo, ese Cavanardá que me suplantou, como é obvio, non son eu.