Eu son de aquí




a herba estrada na aira polo vento e un olor a coello con patacas, ás tres da tarde
o sol chamando na porta á sombra da figueira
trinta ou corenta teleindiscretas enriba dunhas táboas, apoiadas nos muros da corte dos xatos, cos cromos de V e o álbum da Liga do 85
os dedos que agarran as beiras do pozo, entre a folgueira. o resto do corpo na auga, o berro, a volta do monte subido no tractor
dela dicindo sabe que guripa, manducar, cata que non
a galbana das catro no verán, soltar o can para xogar por onda o hórreo e a fonte. xogar ao fútbol contra a porta do cabanón
a veciña que di soméllase a seu pai
beber un goto de auga fresca na cociña, sentindo ladrar a queti, e mirar a escopeta de caza de meu avó
o olor das lacenas
o pelo loiro de meu irmán, schuster, koeman
dela dicindo atarrecer magoei e trabuqueime
o sabor do colacao
a marcha para a vila, o bar Venecia
e o abandono de nós, onde xa non queda
nada



Alrededor de tu piel / ato y desato la mía

(Miguel Hernández)


Um comentário:

  1. Miguel Hernández26 de maio de 2010 17:21

    Si llego a "pelar" una cebolla
    non poderia chorar maís

    ResponderExcluir

Comentarios