Espellos e prexuízos



Xa Wenceslao Fernández Flórez, o home que chegou a columnista e escritor porque ser periodista lle parecía demasiado tremendo, escribiu unha vez dun colega madrileño que, coa escusa de entrevistalo, foi substituíndo toda a información sobre Galicia que o escritor lle daba polos seus propios prexuízos. Por outra parte, a información en España é radial, como as conexións ferroviarias, e por iso se lle chama “prensa nacional” á que se edita en Madrid, aínda que teña menos difusión ca que se publica noutras partes. E como é radial, é epicéntrica. Galicia, por exemplo, está especializada informativamente nos últimos tempos en catástrofes naturais, como todos os sitios máis ou menos exóticos. Chámanlle temporal, por exemplo, ao que sempre coñecemos como inverno. Cando hai incendios forestais noutras partes, as preguntas son quen os prendeu e se os medios son eficaces ou non á hora de apagalos. Aquí a pregunta é por qué hai lumes (pois porque alguén os prende por intereses e non se dan apagado antes de que vaian a maiores, sempre me deron ganas de contestar).

X.M. Pereiro no seu artigo Como nos ven?

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios