Cantábrico


A tarde vai pasando entre conversas, fotos e risos. Navegando pola Rede sen rota prefixada atópome outravolta coa voz de Jabier Muguruza. Viaxo a territorios que nunca pisarei. Sarrionandía, Manuel Antonio, Mikel Laboa. Viaxo a Ribadeo, 2006, os nervos a flor de pel pola pouca xente que entraba no Auditorio. O concerto, pola contra, cheo de cariño, sensibilidade, humildade. As palabras posteriores con el, case soando a desculpa torpe pola miña parte. Estas son as Músicas Posíbeis. Algúns discos seus, que me faltaban, e me regalou no camerino. A antoloxía da nova poesía basca que fixera Letras da Cal. Jon Kortázar nas aulas de Filoloxía. Un poema de sal, de exilios e pescadores de baleas. O Cantábrico. Xuan Bello. Unha entrevista na Rockdelux, sobre a épica cotiá do día a día. E esta tarde de sol que vai pasando entre conversas, fotos e sorrisos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios