Despabílate amor



Predica en África o Papa contra os condóns, os directivos de AIG repártense millóns de dólares achegados polo diñeiro dos contribuíntes estadounidenses, os xornais israelis contan as práticas neonazis de humillación e asasinato praticados polos seus soldados aos palestinos de Gaza, unha organización relixiosa fundamentalista dos EE.UU fai circular un video falso pola Internet no que indíxenas do Amazonas enterran vivos a nenos e anciáns, os empresarios empezan a pedir abertamente a conxelación dos salarios dos traballadores e a flexibilización dos despedimentos como medidas de combate á crise. Vivimos no mellor dos mundos posíbeis, dixera Felipe González. Despabílate, amor, que el horror amanece, escribira Mario Benedetti.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios