Slumdog millionaire


Aínda coas imaxes de Slumdog Millionaire na retina achégome de novo á súa magnífica BSO, e en concreto ao Paper Planes de MIA, canción rompepistas onde as haxa que recoñezo me ten enganchado. Canto á película, non sei sei lle pasou a máis xente, pero a min véuseme á memoria Cidade de Deus, algún Tarantino e mesmo a mexicana Amores Perros mentres ollaba a historia dos desherdados de Mumbai. Un filme controvertido, triunfador e espectacular, que en calquera caso merece a pena ser visto.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios