Comarca 54


Aínda sentíndonos parte dos restos do naufraxio -ou quizais mesmamente por iso- cómpre refugar o desánimo paralizante e procurar no tempo de lecer alimento para o espírito e para o corpo. As palabras comúns das augas do Mar e do Mar de Fóra, o horizonte cantábrico desde a altura abenzoada que soñaron os Moreno, as saborosas conversas con arroz caldoso e rinlego, os paseos nas beiras neboentas das laxes de Cavanardá. E de volta á faena, a descuberta de novos sitios para o encontro. Hoxe fun por vez primeira ao Comarca 54 do amigo Lois, un restaurante ecolóxico que oferece a partir desta semana saborosas e sanas posibilidades gastronómicas á beira da Alameda compostelá, baixando para San Clemente. A experiencia foi moi grata e, para alguén coma min pouco habituado aos produtos deste tipo, tamén moi interesante. Excuso dicir que recomendo a visita ao mesmo. Xunto co Dezaseis de Suso e co Leal dos Fran, outro sitio fixo para a rota do noso padal.

3 comentários:

  1. Larpeiro! Levas uns días de paparota en paparota!
    Xurxo, ou Suso, ou Xurso, ou Surxo...
    :)

    ResponderExcluir
  2. Ola!
    Levo, levo. Vai haber que se moderar un pouco. Aínda que no meu descargo teño que dicir que tamén foi en parte obrigado pola miña condición de guía turístico polos encantos ribadenses.
    Por certo, aparecería a cazadora? :)

    ResponderExcluir
  3. Xa, xa, ...calquer desculpa é boa para darlle ao dente,eh!!. Pois debiches de facer de bón anfitrion, que me dixeron que até conseguiches que estivera a néboa asomando para darlle ese toque ao porto de Rinlo...Eu aproveitei a finde para ir a deleitar tamén o paldar nese novo local do que falas Comarca 54.Moi boa idea, moi rico e sobre todo moi, moi san. Asi que agora terei un asiduo mais na ruta, Dezaseis, Comarca 54 e probarei a outra suxerencia que fas.

    ResponderExcluir

Comentarios