USAP Perpignan, un beau champion


O USAP Perpignan, o equipo de rugby da capital da Catalunya Nord proclamouse onte campión da Liga francesa (Top 14) no mítico Stade de France en París. Os cataláns, como son coñecidos en toda a Franza, venceron na final a Clermont Ferrand por 22-13 e ofreceron a vitoria aos seus seareiros 54 anos despois. Para os que gosten do rugby, a interesante opinión de Alain Penaud en L´Equipe. Para os que prefiran fixarse noutro tipo de cuestións, propoño algunhas:
1. Aínda sendo un equipo administrativamente francés, a páxina web do clube está disponíbel tanto en francés como en catalán (visítense e compárense coas webs do Depor e do Celta). O lema do clube está en catalán (sempre endavant!) e os afeccionados enchen en cada partido o seu campo de bandeiras catalanas.
2. A final foi emitida en directo por TV3 para toda Cataluña a través do Canal 33. (Compárese coa atención que presta a TVG ás zonas de lingua e cultura galegas do Bierzo, Sanabria e Terras Eo-Navia, e coa negativa do goberno valenciano a que TV3 poida ser visto no seu territorio).
3. Lonxe de calquer complexo ou autoodio, a USAP fundamenta a súa forza como clube no seu compromiso pleno coa súa identidade e territorio. Recoñéceo e explícao L´Equipe como podedes ler a continuación (e compárese co que podería ser unha valoración deste tipo referida a, por exemplo, o catalanismo do Barça no diario Marca):

La force catalane
Pour comprendre comment l'USAP a reconquis le bouclier de Brennus 54 ans après, il suffisait de tendre l'oreille près des vestiaires, tard dans la nuit dyonisienne. Après une parenthèse de pure folie sur la pelouse, avant une longue nuit de fête à Paris puis l'explosion à Perpignan, les joueurs "sang et or" ont encore affiché une belle sérénité au moment d'expliquer les raisons de leur sacre. Dans le calme, presque comme si tout était prévu, ils ont tous souligné la force de caractère exceptionnelle «d'une bande de potes», selon les termes de Jérôme Porical. Une force mentale qui s'est d'abord forgée sous le sceau de l'identité catalane. La première richesse du club, c'est ainsi son centre de formation, et la puissance dégagée par ce maillot sang et or dans toute la région.





3 comentários:

  1. Perpiñan. ¡¡ Que Recuerdos del País de los Cátaros!!
    Béziers: Tuez-les tous, Dieu reconnaîtra les siens.
    Como gritaban esos herejes.

    ResponderExcluir
  2. Yo animaba a los Beautiful Losers de Clermont Ferrand, que se merecían tanto ganar el titulo este añoo... como los años anteriores. Tercera final seguida perdida despues de al de 2007 (contra Paris) y del 2008 (contra Tolosa)y décima final perdida en su historia.
    Es una puta maldición. No lo entiendo.

    ResponderExcluir
  3. unha pregunta de auténtico ignorante: existe liga española de rugby? hai equipos galegos nela? existe algún equipo galego de rugby digno de consideración?

    ResponderExcluir

Comentarios