Music of Resistance

A través do colectivo madrileño LaDinamo descubro que un dos compoñentes de Asian Dub Foundation leva un tempo presentando un moi interesante programa musical na canle televisiva en inglés de Al Jazzeera. O programa, chamado Music of Resistance, achégase a artistas de todo o mundo e contextualiza o seu traballo creativo en relación coas condicións sociais, culturais e económicas dos territorios nos que se desenvolve. Moi recomendábel.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios