A canción e o poema

Apetece, con Cunqueiro, sentarse en un rincón de mi ciudad a oír como alguien teje el silencio, los paños sutiles del silencio, y los tiende en el aire, escoitando se existir a desexada Pavana na honra dun mariscal defunto. Apetece trabar no pescozo da tarde, cantar no espello transparente dos ollos teus, probar outra volta a arte de perdermos pé ás beiras do agardado. Diante de nós cadeiras, e nelas sorrisos dun verán primeiro que se achega a buscarnos. Onte xogamos ao fútbol na porta da igrexa, rompemos a boca nas traizóns cotiás, fomos aquí, ou alí, mais xuntos. Despois erramos coma sempre, na nobreza dos anos, na intemperie da vida que invadimos e se deixa. Gustounos. Volveriamos facelo. Cruzar a liña perfumada da costa e brindar con viño malo onde o destino nos agardaba. Alí nos miramos e nos demos -bailando sen movernos, querendo ser maiores, malferidos de esperanzas- as palabras prestadas de Galeano que Helena me mandou con vento norte: Dueño de nada, dueño de nadie, ni siquiera dueño de mis certezas, soy mi cara en el viento, a contraviento, y soy el viento que me golpea la cara.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios