VOLTA Budiño

Se hai uns días saudabamos os traballos da Safari Orquestra e do Aló Irmao! de Narf & Manecas Costa, e aínda non hai moito faciamos o propio co novo de Berrogüetto, toca agora sorrir outravolta coa, precisamente, VOLTA de Xosé Manuel Budiño, unha gravación que deixa constancia das súas xiras dos últimos anos por catro continentes. Outra magnífica achega para a música galega, da man do bon facer de Falcatruada e do talento creativo do gaiteiro de Moaña.

Um comentário:

  1. En concerto no vindeiro Festival de Pardiñas. Cita cultural ineludíbel do vrao!

    ResponderExcluir

Comentarios