A batalla da lingua xógase máis na rúa, nos bares, nos xornais, que nos despachos académicos. Por iso artigos como este de Suso Fdez. Acevedo no semanario ribadense La Comarca del Eo son imprescindíbeis. Porque deixan en evidencia as mentiras e a hipocresía dos discursos antigalegos, e porque o van ler quen máis nos tiña que interesar: os falantes, a xente común. É nos debates e conversas de amigos, bares, traballo, etc onde se socializan os discursos maioritarios que para o noso consumo e asimilación acrítica preparan os media, e son eses espazos os que despois van ter incidencia nos resultados eleitorais. Neles se xoga tamén o futuro diario do idioma. A batalla da lingua é corpo a corpo e non están as cousas como para desertar dela.
PD: para quen queira achegarse sen prexuízos á realidade sociolingüística de Galiza por boca da mocidade e dos seus puntos de vista ao respeito, pode facelo de xeito ameno e rigoroso a través do documental Linguas cruzadas, de María Yáñez, e do libro Falar galego: no veo por qué, de Ana Iglesias.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios