Este non é o camiño
Nun momento como o actual, se algo precisa o BNG é calma e unidade. Críticas e opinións? Por suposto, todas. Debate franco, aberto, sen límites nin condicións de partida. Mais dentro da casa. Por respecto á organización e á propia militancia, empreguemos as canles internas para falar de todo o que sexa preciso, e non poñamos en bandexa titulares cos que outros nos poidan seguir atacando. Non facelo seméllame irresponsábel e desleal para co conxunto das mulleres e homes que traballaron arreo nesta campaña eleitoral e hoxe están desolados e preocupados polo futuro do país.
Tempo haberá nas próximas semanas para analizar os porqués da derrota e a necesidade de mudar, no seu caso, estratexias e persoas. Mais cómpre unha mínima consideración para cos organismos do Bloque, e cómpre que todos os militantes -independentemente da súa posición actual na fronte- recoñezan a lexitimidade da actual dirección para pilotar o proceso. Somos unha organización democrática, a que máis en Galiza, e temos que demostrar tamén, neste momentos difíceis, madurez e sentido da responsabilidade. Infelizmente, vendo hoxe determinadas manifestacións e comunicados, non o semella. Este, compañeiros, non é o camiño.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios