Encerellados como estamos nas discusións sobre o acontecido e nos debates sobre as mudanzas que cómpre levar a cabo, corremos o risco de esquecer que o país nin vai parar nin vai agardar por nós. Evidentemente temos primeiro, tanto BNG como PSOE, que resolver de forma satisfactoria as cuestións do plano interno, mais non por iso podemos deixar de dirixirnos aos cidadáns de novo e canto antes. Nese sentido agradecín e comparto as declaracions de Francisco Jorquera que hoxe reflicten algúns medios, chamando ao PSOE á responsabilidade á hora de falar do bipartito, e pareceume, pola contra, altamente decepcionante o artigo de Suso de Toro en El País, no que con ton derrotista presaxia un futuro sen alternativas no Goberno ao PP e califica con extrema dureza ás forzas do bipartito. Cando se trata de facer unha crítica é boa cousa non facela en abstracto e ponderar os erros e acertos cometidos. Sendo así, non me parece xusto dicir como di Suso de Toro, sen matices de ningún tipo, que PSOE e BNG “no imaginan su descrédito, su pérdida de autoridad moral” nin me semella que aporte nada útil ao combate contra a dereita o fatalismo co que escribe que “probablemente no volveremos a ver otro cambio en décadas”. Porque Suso de Toro é coñecedor de como, cos erros que se queira, houbo unha forza no Goberno que quixo facer cambios transformadores mentres outra se resistía aos mesmos e tentaba o fraguismo sen Fraga. E, de igual modo, Suso de Toro é coñecedor, con certeza, de que hai estratexias após o 1 de marzo que contribúen a serenar os ánimos e a traballar na necesaria reconstrución dunha alternativa máis sólida e mellorada para dentro de catro anos -necesariamente bipartita- e outras que só sementan o desánimo e o pesimismo mentres erran no inimigo e asumen os seus argumentos. Seméllame que, por todo iso, non resulta xusto - en aras de ningunha pretensa equidistancia- facer tábula rasa das diferencias tan substanciais que existiron e existen na actuación política do BNG e do PSdG, e tampouco me parece acertada nin socialmente operativa ningunha caste de análise que conduza á conclusión de que a realidade galega quizais non dea para máis neste momento.
Atrévome, contra esa percepción, a indicar cinco pequenas propostas contra o pesimismo, a modo de recetario caseiro pensado para transformar o lóxico desánimo destes días en enerxía e compromiso a prol do país. Velaquí:
1. Renovar os discursos, e as caras se for preciso. Facelo con serenidade e vontade construtiva, sumando. Aproveitar o coñecemento, capacidade e compromiso das persoas que están nos órganos de dirección actualmente. Fuxir do ensimismamento e volver canto antes aos problemas da xente.
2. Non instalarse no pesimismo. Sería estúpido e suicida. A diferencia en número de votantes entre o PP e o bipartito PSOE-BNG foi tan só de 10.000. Nada insalvábel, como xa demostraron as diferentes eleicións onde os votos dos coaligados foron superiores aos dos populares (Galegas de 2005, Municipais de 2007, Xerais de 2008).
3. Defender o traballo feito. Houbo erros evidentes e sobre todo carencias importantes, mais tamén moitos acertos e pasos adiante con vontade transformadora. Basta repasar cales son as cuestións da xestión do bipartito que está anunciando o PP que quere tumbar para comprobar se houbo ou non cambio e de onde procedeu.
4. Non permitir a demonización do bipartito (e moito menos do bipartito como fórmula). Cómpre demostrar que se aprendeu a lección, que se corrixiron erros e que é desexábel un goberno que, aínda a pesar da súa pluralidade, aplique políticas transversais que poñan a andar Galiza na dirección da autoestima e do progreso. E para iso é necesario, antes, aprender a convivir e non errar o inimigo. O Goberno alternativo ao PP será bipartito ou non será. O resto son ensoñacións españolistas.
5. Practicar unha oposición dura e contundente desde o primeiro día. Dar sen medo a batalla das ideas e aproveitar a experiencia do traballo feito para facer posíbel o contraste de modelos, e con el a pedagoxía social con cada un dos colectivos e ámbitos sociais afectados.
Fágase en doses diarias e acompáñese de hábitos saudábeis (non mercar a Coz, fuxir de ideoloxismos, ter confianza en nós mesmos) e seguramente en pouco tempo nos vexamos de novo traballando para darlle a volta ao acontecido. Acredito realmente en que desta crise podemos saír fortalecidos se sabemos profundar no mellor que temos: as nosas ideas, os nosos valores, o noso compromiso. Porque todo canto avance hai realmente transformador no plano material estivo atravesado polas ideas e a acción política do nacionalismo galego, e porque foi o nacionalismo galego o motor do cambio na acción do bipartito. Non é agora tempo de fatalismos paralizantes, moi ao contrario. Agora máis que nunca, cómpre converter a decepción en compromiso e a rabia en traballo positivo. Ao PP pódeselle gañar en 2012 e somos moitos e moitas os que estamos desexosos de poñernos a traballar para conseguilo.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios