Elisa Fariña
Unha chamada de hoxe pola mañá infórmame da morte de Elisa Fariña, histórica militante socialista de Ribadeo, que sofreu o asasinato do pai (un dos que apareceron na ponte do Vicedo) nos días infaustos do alzamento fascista e viviu con dignidade inquebrantábel a represión posterior do réxime de Franco. Aínda que non cheguei a ter trato próximo con ela, si cos seus sobriños, e lembro con cariño como me contaba un deles a ledicia coa que recibira un exemplar asinado do Memorial da Liberdade, o fermoso catálogo que da exposición homónima promoveu e editou a Consellaría de Cultura en 2006. Libre e vermella até a morte, Elisa non quixo misas nin cerimonias relixiosas. O meu cariño á súa familia e amizades e o meu respecto máis profundo para a súa memoria, ligada para sempre aos valores que nos fan humanos: xustiza, igualdade, liberdade.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios