Ciudadano A

Poucas persoas me produciron tanto rexeitamento e desacougo como Aznar na súa segunda lexislatura, convertido xa nunha caricatura de si mesmo e preso dunha megalomanía patolóxica que o facía verse no espello como un estadista de talla mundial e cunha misión histórica por cumprir para coa súa grande España (na que, por moi grande que fose, non cabiamos os que pensabamos de forma diferente). Chegou a xustificar a enorme mentira e crime que foi a invasión estadounidense de Iraque, en base á necesidade de que España fose máis recoñecida internacionalmente; mentiu de forma infame ao conxunto da sociedade cando o atentado do 11-M e atacou a todos os disidentes da súa verdade oficial a través da estratexia da criminalización e do control férreo dos medios públicos. Hoxe volveu para tirarse unha foto xunto cos seus ex-ministros. Dáme repelús velos, a verdade. E busco por iso a canción que un vigués, Iván Ferreiro, lle dedicara nun dos seus traballos en solitario, e que explicaba así. Demoledor o final: vi como una vez / cambiabas todo en el telediario / vi a todos llorar / es imposible contenerme ahora no consigo / vi a tu mujer /cómo besaba a todos en Madrid en las calles /y a ti en Berlín/ vendiendo Europa a los americanos.


Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios