Extravagancias
1. José María Aznar. O ínclito ex-presidente español falante de catalán na intimidade e a súa fundación extremista volven sacar a lingua a pacer. Desta volta, atacan ao galego e á súa normalización social, calificando este proceso de "extravagancia" que inmola os dereitos individuais, a política cultural e a educación. Despois das súas apostas polo negacionismo do cambio climático, a súa teimosa defensa da guerra de Irak (en base á mentira das armas de destrucción masiva) e o seu españolismo esencialista, xa nada do vallisoletano nos sorprende.
2. O bloqueo estadounidense a Cuba. Na época da éxtase neocon e o fanatismo relixioso de Bush non cabía esperanza algunha de que os EE.UU. revisasen a súa posición, por moito que a propia ONU pedise en reiteradas ocasións o remate do embargo, que intelectuais de todo o mundo promovesen iniciativas en contra do mesmo ou que altos dirixentes militares dos propios Estados Unidos recoñecesen o seu fracaso por mor do -aínda a pesar de todos os seus problemas internos- moi importante apoio que a poboación cubana outorgaba á súa Revolución. Na época Obama semellan abrirse escenarios novos para rematar co último vestixio da Guerra fría e normalizar as relacións entre ambos países.
3. Animal +. Feliz, esta anomalía. Saíu do prelo o número 19 da revista máis guadiánica, imprevisíbel e caótica do panorama editorial galego. Neste novo paso adiante agasállanos co Discurso contra a servidume voluntaria de Étienne de la Boétie, unha análise dos porqués e comos da construción e difusión popular do romance do comandante Moreno, un achegamento á poesía de Safo de Lesbos e un paseo literario polas paredes das rúas de Tomar. Porque "a felicidade de amanhá nao compensa a tristeza de hoje", Animal segue apostando por facer e difundir cultura para todas as especies.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Acabo de ler completo o artigo que mencionas no primeiro punto. Desde logo, se alguén que se presenta como "filólogo" e "profesor de lingua española" titula un artigo "Las paradojas de la "NORMALIZACIÓN" del gallego" e despois non fai outra cousa que falar da NORMATIVIZACIÓN, pois xa imos mal. Polo menos podían molestarse en consultar a diferenza entre ambos conceptos. Se ademais conseguisen facer unha análise na normativa que non caese nos tópicos de sempre (que se é artificial, que se fai a propósito para que sexa distinta do castelán, que se cada semana lle meten nonseicantos cambios, que se os pobres vellos galegofalantes de toda a vida non a entenden, etc.), xa sería para nota, pero éche moito pedir.
ResponderExcluirOla,
ResponderExcluirsi, a verdade é que por riba os argumentos que cociñan e difunden en FAES son dunha pobreza alucinante. Está feito para os seus siareiros e para seguir co estilo de mallar nos demais, ao estilo Cope, Intereconomia e demais extravagancias ultradereitistas españolas.
Lembro por certo agora un libro que pode ser de interese ao respecto: O españolismo lingüístico, de Manuel Rodriguez Alonso (http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=273). Pasou sen moito ruído no momento da súa edición en Espiral Maior, e vén sendo unha análise dos tópicos da escola filolóxica española en contra do resto de linguas do Estado.
Saudiños!!
http://www.manueljabois.com/2009/04/hombro.html
ResponderExcluirAcabo de atopar este artiguiño xenial de Manuel Jabois, que recomendo vivamente se queredes debuxar un sorriso nos beizos esta mañá de domingo.
autor do artigo das FAES, un tal Freire, foi o que botou a andar os "tangas" (tan gallego como el gallego), de onde xurdiu a escisicón de Galicia Bilingüe.
ResponderExcluirSupoño que estará celoso de que Gloria Lago leve todos os méritos dun movemento que el botou a andar e quererá recuperar protagonismo.
A verdade é que non teño moi claro se é mellor prestarlle atención a este tipo de parvadas ou se é preferible non facerlles nin caso. Se calamos, pode parecer que levan razón, e se contestamos dámoslles unha publicidade que non merecen. Non sei. A verdade é que a min depende como me collan.