O quereres

Anda polo youtube tamén a interpretada ao vivo por Chico Buarque e Caetano Veloso, dous dos máis grandes xenios da nosa língua intercontinental. Recomendo entusiastamente a súa escuita, mais eu traio hoxe ás ribeiras neboentas de Cavanardá a voz luminosa e forte da Maria Bethania, coa canción subtitulada para facilitar a comprensión por se a calidade do audio resulta problemática. Nada máis que dicir. Marabilla.

2 comentários:

  1. É un pracer escoitar a Maria Bethania. Sempre marabillosa.

    ResponderExcluir
  2. Si que é, si. A verdade é que Brasil é todo un mundo en si mesmo, e musicalmente impresionante... E alucíname o respecto e colaboración que teñen entre os músicos. Hai constantes colaboracións duns nos discos doutros, versións de clásicos, letras marabillosas...En fin, unha sorte poder gozalos. Un día destes colgarei "Construçao" de Chico Buarque, un 11 sobre 10.

    ResponderExcluir

Comentarios