Vasos vacíos

Non hai moito que dicir diante dun tema así, para a comunión colectiva e os corazóns fuxindo pola boca. Nunca nos abandona o seu cheiro salgado a poema de Gelman ou Roque Dalton, o seu sabor a lúa derretida entre os xeos do vodka con laranxa, o seu tacto obreiro e digno a bairro popular das aforas. A vida xuntábanos daquela entre músicas, paixóns e convocatorias prezadas/os. E aquí seguimos. Dez anos despois, Chami ten a André, Tono a Sebastián e Serxio e Paula a Sara. Estivemos sempre onde estamos, máis ou menos. Non é ningunha vindicación de nós mesmos, seguramente só melancolía feliz. E vasos baleiros que encheremos de futuro para o brinde, espero que sempre desde o lado dos humildes.

3 comentários:

  1. :)

    Amén.

    Por certo, que o outro día estiven con Paula e o resto de prensa de Industria e Medio Rural e sigo dicindo o mesmo: desde que fostes papás/mamás cada día está máis guapa. ( E ti tamén, jeje)

    ResponderExcluir
  2. Xa llo direi, que anda algo baixa con iso das despedidas, xa sabes... Ti si que estás guapo, pirata ;)

    ResponderExcluir

Comentarios