Nos días do adeus
As despedidas son adeuses / demasiado tristes cantaba Reixa nun dos temas do seu último proxecto musical. Polas olladas dos que demos vida a estes despachos e corredores, con acertos e desacertos, pasea unha certa dúbida de se estamos de adeus, de despedida ou das dúas cousas a un tempo. Hai semanas que o balance está feito, e agora só resta mastigar en solitario -nestas cousas só nos temos a nós mesmos- un necesario percorrido íntimo de desapego e transición, para cociñar con calma os sentimentos, as lembranzas e as razóns deste pasado que se vai relando areoso entre os dedos. No macuto do aprendido levamos valiosas pertenzas para o mañá: amizades novas e entusiastas, ilusións compartidas e orgullo por tantas cousas ben feitas, esperanza de que a experiencia vivida se incorpore ao ADN político da nosa organización. Porque aínda que o único que teñamos sexa o presente, como onte me dixo un amigo, impúlsanos a camiñar a vontade do futuro. Para iso serve a utopia. E que ninguén esqueza que, ademais do adeus, tamén existe a opción do até logo.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios