E a terceira, annuit coeptis


Todo o comezado rematou con éxito e onte, por fin, fíxenme crente. Politeista, iso si, como me dixo un amigo. Nunha santísima trindade culé: Xavi, Iniesta, Messi. Neles está condensada a pureza deste fútbol convertido noutra cousa máis alta e elevada, o espírito sen mácula dunha forma de facer trascendente un xogo de 22 tipiños correndo nun campo cun balón. Quen non soña volver ser neno para recobrar a inocencia perdida, non poderá entender a felicidade íntima e infantil, primaria e en boa medida inefábel, que produce a consciencia de saberse espectador de algo excepcional, como esta temporada futbolística do Barcelona. Aínda sen títulos, fico convencido de que o ano tería sido igualmente histórico, pola altura acadada na elaboración estética do xogo, no salto cualitativo que ofreceu o equipo do demiurgo Guardiola a este deporte marabilloso. Mais os títulos son fundamentais para confirmar o camiño da fe, e por iso a felicidade comunal hoxe é maior, e os fieis nos mantemos unidos com un clam, fem força felices e orgullosos. Esta temporada, sen dúbida, toda unha xeración de nenos e nenas se fixo barcelonista.
Mais despois do mércores chega o xoves.

Para os futboleiros coma min, recomendo máis éxtase e máis épica, certo regodeo -xustificado e comprensíbel- na alegría da vitoria. O propio John Carlin comentaba onte con Buenafuente que, despois de ver o partido, non se podía falar doutra cousa que non fose o Barcelona, declinando comentar o seu libro sobre o rugby en Sudáfrica. O xornalista inglés recoñeceuse ex-aficionado do United (seica despois de coñecer a Ferguson resultáballe imposíbel manter calquer tipo de simpatía polo equipo no que este estivese) e confesou ter chorado vendo algúns partidos deste Barça 2008-09, pola emoción que lle producía estar asistindo a algo que lle resultaba sublime, literalmente extraordinario.

Polo demais, para os que non sodes futboleiros, tres boas ideas para hoxe: o artigo de Enric González, unha recomendación de cine e un paseo por Cervantes. E tamén unha cervexa ben fría, en compaña de amigos e boa conversa, neste día fermoso, soleado, blaugrana.

25 comentários:

  1. Jean De Brissac la Motte28 de maio de 2009 12:39

    Enhorabuena.
    Ya habeis desempatado con el mítico Forest en Copas De Europa.
    A nivel personal considero que John Carlin es un monte de mierda. Su odio nada disimulado por mi equipo y su amor rayando la homosexualidad por el antiguo presidiario Mandela me produce arcadas.
    Este Barcelona politicamente correcto y la admiración que provoca entre los vates de la nada nos amplia un nuevo campo de batalla.
    A los culés de toda la vida, reitero mi enhorabuena.

    ResponderExcluir
  2. Os seus instintos teñen presa a súa razón, amigo De la Motte, e a divertida vontade de enfanterriblismo que adoita manifestar contra o que considera "politicamente correcto" erra desta volta o tiro até dirixilo cara o seu propio pé, o que ademais de dor intenso pode provocar a súa caída no máis vulgar e intrascendente enfurruñamento infantil. Se é politicamente correcto xogar con 7 da canteira, a un fútbol de toque, rápido e preciosista (pero ademais vertical e efectivo) e a cargo dun señor que só tiña experiencia de entrenar en 3º división (se for galego, xogaría contra o Alondras e por aí), hame permitir que pida o carné de socio dese clube da corrección. Dígolle como culé de toda a vida que mesmo sen gañar os títulos estariamos orgullosos deste Barça. Polo demais, sir Carlin nin me vai nin me ben, pero ao expresidiario Mandela non mo toque, ou reitero ameaza de chamada á Baader-Meinhof. Para que mingue a dor da que adoece e nutra o seu orgullo eurocentrista pásolle enlace a algo co que de seguro saberá fregar o padal, lavar a boca e facer gárgaras:

    http://www.vieiros.com/nova/74344/graham-greene-o-monxe-de-oseira

    Á espera dun vindeiro encontro "beer to beer" nas beira do Lérez e das súas magníficas crónicas scousers, reciba cordiais saúdos deste pel vermella que o ten en franca consideración.

    ResponderExcluir
  3. Jean De Brissac De La Motte28 de maio de 2009 14:04

    Reinvidico el derecho de las castas superiores a sufrir, tener y disfrutar de rabietas infantiles cuando las cosas no nos salen como queremos.
    Y de Mandela sólo me gusta su nombre "inglés".

    Y tu más.

    ResponderExcluir
  4. Paul David Robert Albert Richard John Gaylo Hewson28 de maio de 2009 14:10

    Mi padre espiritual Mandela es el hombre más carismático y bueno que conozco.
    Querido Jean, haz examen de conciencia y unete a nosotros.
    Por el momento y como penitencia, canta mil veces seguidas "Pride (In the Name of Love "

    ResponderExcluir
  5. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderExcluir
  6. Xavier,
    Ja saps que soc mitg gallec i mitg català, sense oblidar els meus avis de Sòria, pel que et prego que respectis l'us da la llengua en la que em vaig educar: el català:
    Visca el Barça!, per dues raons, perque ha respectat la cantera i perque ha tingut l'encert de identificar-se amb la gent del seu païs. Cosa qeu els gallecs tindríem que apendre...
    Salut, força i treball!

    ResponderExcluir
  7. O libro de Carlin é absolutamente delicioso e as súas reportaxes difíciles de superar. Coincido no dito por Xavier sobre o enfanterribilismo de De al Motte. Recórdame a un redactor do meu diario que no descanso dixo que o Manchester estaba dominando ó Barça. Ganas de ter un discurso orixinal. O problema é que ese discurso orixinal non se sostén.
    Dito esto, as columnas de Carlin sobre fútbol os domingos no País non están á altura do seu talento.

    ResponderExcluir
  8. Jean De Brissac De La Motte28 de maio de 2009 18:23

    Me gusta esta guerra de trincheras.
    Si el expolio de niños de otros equipos ,verbigracia el intelectual argentino Messi o el manchego Iniesta es tener cantera, James Mathew Barrie no era pedófilo.
    Y rectifico en el tema Carlin. No es que sea un monte de mierda. Es una cordillera de ella.El típico blanco con esa actitud de
    " Hemos sido malos con los pobres negritos del Cola-Cao" y ahora pido perdón.Por mi y por todos mis compañeros.
    No tiene puta idea de futbol, como el tal Santiago Segurola " S.S ", otro bardo de la nada, que la vez que ponga un dato o una fecha verdadera en una crónica le va a dar un infarto. Hazlo pronto, Santi. Lo de poner un dato correcto.
    Y mi discurso no necesita sujetador porque la razón no lo tiene.
    Tampoco tiene que sostenerse dado que los leones van solos y los cerdos en piara.
    Y si el tal Carlin tiene talentos es porque se dedica a la numismática.
    Va a ser una ronda de cervezas en Pontevedra la hostia de divertida. Pago la primera. La primera cerveza se entiende.
    Saludos cordiales desde el frente.

    ResponderExcluir
  9. Voume chulear: eu xa avisei hai meses do que ía pasar:
    http://eltoupoquefuza.blogspot.com/2008/05/maio-do-68-ftbol-e-outras-lerias.html

    ResponderExcluir
  10. Que hi ha? Voldria parlar en catalá, peró ho parlo una miqueta només. Un altre día ho faré mellor, de debó, sr. Soria :).

    Mmmm, a cousa ponse interesante. O señor De la Motte manifesta un leve pero perceptíbel proído e ráñase en público as malas pulgas; o catalán aparece en todo o seu esplendor; un xornalista defende a outro -con razón, concordo en todo- ; e mesmo o toupo asoma a cabeza para sacar peito -e tamén con razón, coma min, que xa dixera que Eto´o ía marcar!-. Isto desde logo merece uns chupitos descentralizados, e unhas cervexas integradoras e antiapartheids. Ao único que non imos convidar é ao burlaprogresbuenistas Hewson (tranqui, Manos Limpias xa puxo a Garzón contra as cordas e sempre lle queda Intereconomía :) e a Bono de U2, paladín do buenrollismo adiñeirado. Estes dous, xuntos para a illa Pancha a convivir nun reality; os demais ímonos de festa, que paga Florentino Pérez.

    ResponderExcluir
  11. Ten razón De la Motte, o do apartheid é unha esaxeración dos negros e dos medios.
    E Segurola non é o mellor cronista deportivo deste país xunto a Carlos Arribas. Non sabe nin de fútbol nin de atletismo nin de natación, deportes que, é obvio, non domina.
    O único no que discrepo é na colección numismática de Carlin. Tiven o pracer de estudiala e non me pareceu talentosa; orixinal, quizais; variada, tal vez, pero non talentosa

    ResponderExcluir
  12. Un día voy a escribir yo un artículo que se va acabar esta tontería del Barcelona.

    ResponderExcluir
  13. aí, M., aí. a ver quen a ten máis grande...

    ResponderExcluir
  14. Mr. Fields Again28 de maio de 2009 22:39

    Segurola era o único xornalista decente, xunto con Paco González, que había na secta deportiva da SER. Coa súa marcha El Larguero converteuse nun exercicio de aburrido e vulgar onanismo mediático a cargo do demagogo De la Morena e da súa coral panda de abnegados lambepixas. Especial mérito á actuación máis lamentábel merecen os que conforman a cota culé do programa. En xeral o cheiro a poder fáctico de buen rollo e humildade pueblerina que queren transmitir os compinches do programa fede a distancia máis que a Ría do Lérez un día caloroso de verán.

    De la Motte, me quedo con tu cara. Vai pedindo a primeira ronda no Grifón, que habemus pique.

    ResponderExcluir
  15. A verdade, non imaxinei que o trunfo do Barcelona dera para tanto, mesmo para coller merda ou falar de pedofilia, case que o Barça terá que renunciar á copa e os afeccionados ao fútbol pedir perdón.
    Se alguen se sentiu ofendido pola miña ledicia furboleira, reciba as miñas desculpas...

    ResponderExcluir
  16. El mejor periodista deportivo de España es Hermann Terstch. Pero de largo, vamos.

    ResponderExcluir
  17. Alfred Victor de Vigny29 de maio de 2009 10:11

    Buenos Días.
    A mi amigo belga ( "De todos los pueblos de la Galia, etcétera)pedirle que me cite bien.
    Al amigo Adrian ! ( Me da por pensar en Rocky, lo siento)decirle que si Santiago Segurola
    " S.S" ha escrito alguna vez,una sóla, en sus elegantes crónicas de la nada, una fecha o un dato correctamente,Charles Lutwidge Dodgson no era pedófilo.
    No es sólo uno de los más lamentables exponentes del periodismo
    " Selling Smoke "-Joder, otra vez las iniciales- es que es el puto gurú de todos ellos.
    Enric González si que es bueno.Ya se sabe en "El País" de los ciegos......
    Acabo con el Apartheid. Pobrecitos esos 30 millones de negritos, explotados en su minoría numérica por 2 millones de blancos malvados.
    Al amigo Soria felicitarle por el triplete histórico de su equipo.
    Al amigo Xavier darle las gracias por habilitar este espacio de concordia e intercambio fértil de ideas.
    Hasta pronto.

    ResponderExcluir
  18. Afortunadamente atopamos un vínculo con Enric González, o mellor columnista deste país. Non é un torto nun país de cegos: é moi bo. Os seus tres volumes de 'Historias' (Londres, Nueva York e Calcio) son imprescindibles. A lástima é que só escriba de deportes unha vez á semana.
    O do aprtheid e Mandela mellor imos deixalo porque non ten discusión posible, nin sequera para facerse o políticamente incorrecto.

    PD: Rocky, que gran película

    ResponderExcluir
  19. A ver logo. Como nunca coñeceu vostede un home do que non aprendera algo, señor Vigny, aló vamos:

    1. Ver xogar xuntos a Xavi, Iniesta e Messi provocaría un pracer próximo ao sexo tántrico a calquer bo afeccionado ao fútbol, for coa camisola do Barcelona, do lamentabelmente extinto Sporting Vilaframil ou do seu ben amado Pontevedra de Nino Mirón. Mesmo do Real Madrid, carafio. Recoñezamos a fortuna histórica de termos asistido á conxunción dun equipo con tanto talento no campo e tanta intelixencia no banquillo. Tant se da d´on venim, si del sud o del nord, ara estem d´acord, estem dacord... (vostede corrixa, sr. Soria :)

    2. Enric González é bo (moi bo, de feito; delicioso o seu libro no que conta os seus anos londinenses) pero Santi Segurola tamén (deliciosos os seus comentarios years ago en El Larguero, poñendo en evidencia a De La Morena).

    3. Amigos xornalistas Sória, Rodríguez e Jabois. Un pracer telos por aquí. Isto urxe cea, copas ou ambas cousas este verán pola capital da quinta provincia galega, o Ribadeo señorito que non ten PTV´s mais ten tamén moito que roer.

    4. Brigada Enfanterriblista do Lérez: outro tanto. Escollan vostedes sitio, teño gañas. Só unha puntualización: a de por aquí é esquerda de empanada e embutidos, ou sexa, nacional-popular que se dixo sempre, o que non quita que teñamos vontade de saciar as nosas veleidades gastronómicas tamén de vez en cando. No musical, poñan no pick-up Fuxan os Ventos, The Clash e Eric Clapton, sempre ás marxes das modas. A caviar, como saben, é a de Bono e Sabina, de Cebrián e De la Morena, de Méndez Romeu e Paco Vázquez. Non lles frecuentan eles Cavanardá, sonlles máis -con perdón de M.- de garitos exclusivos de Sanxenxo e bronceado artificial. Estou disposto a batirme en duelo con vostedes e a combater coma un rebelde irlandés a súa demagoxia dereitista, sempre que for diante dunhas cuncas nalgunha terraza de Mugartegi, Magurtegui, Maguregui (mítico!) ou como se chame a praza esa onde casa Lores á xente. Se é de fútbol vou só, de baloncesto e literatura levarei reforzos.

    5. Félix, non deixa de sorprenderme como a normalidade e mostra de autoestima que os cataláns demostran a cotío (onte os xogadores do Barça falando en catalán diante de 90.000 cataláns no Camp Nou) segue resultando molesto para a cofradía do Santísimo Dolor Rojigualda (me duele España!) para os que o catalán, polo que se ve, non é un idioma español. Xa escoitei conversas de bar reproducindo comentarios radiofónicos ao respecto. Definitivamente, non nos entende, non. E canto temos que aprender... REcomendáronme vivamente unha novela, por certo, de Terenci Moix en catalán (si, si, en serio) que conta a vida na Barcelona dos 70: El sexe dels angels. Seica é unha xoia que pasou inadvertida no seu momento. Díxomo un dos poucos críticos literarios que actúa como tal neste noso pequeno país, así que pode fiarse de que algo -bo- terá. Por De La Motte e Vigny non se preocupe, sonlle boa xente; padecen o mal da malotismo pequeno burgués (mala conciencia, quizais? mmm...investigaremos)e desfrutan provocando, como puido comprobar. Tralo susto inicial, recoñecerá xente culta e sensible agochada baixo un manto de enfanterribilismo que os fai semellar socios de honra de FAES e do Clube de Amigos de JIménez Losantos no facebook. Intelectualmente é moi divertido porque acaban saíndo ben de cousas interesantes polo medio. E teñen bo gusto no comer e no beber, dou fé.

    E penso que polo momento máis nada. Vou ler The Times (toma chuleo!) para ver que falan na pérfida Albión do mellor equipo do mundo.

    ResponderExcluir
  20. Alfred Victor De Vigny29 de maio de 2009 12:01

    Buenos Días.
    Aclarando que es gerundio.
    No soy del Pontevedra ( Accionista si por eso de la mala conciencia. Y del Liverpool, hoy The Times no escribe.A mayores soy socio del Celta, como todo buen luso septentrional que se precie.
    El Gregorio´s a.k.a Bar O´Pino a.k.a O Choletas será un adecuado Checkpoint Charlie para empezar. Más que nada porque el O.K. Corral esta reservado para todo el puto verano.
    Y el ¿ periodista? Santiago Segurola, por más que os empeñeis es un niputas.Habla de todo y no sabe de nada.Alas,perfecto ejemplo de un imbécil ilustrado.
    Os dejo que tengo que ir a una conferencia de David John Cawdell Irving y llego tarde. Como le paso con los cerebros a los del ANC.
    Nos vemos pronto.
    Sed Buenos.

    ResponderExcluir
  21. Como admirador deste Barça actual e fiel sufridor culé dende fai moito (ai, aquela final contra Steaua no 86, aínda doe), e como seguidor dos artigos de Enric González (con moito, o mellor que ten este País decadente, desinflado, compracente e que permite manchar as súas páxinas coas firmas de tipos como Bono ou Ibarra), quero felicitarche polas entradas do teu blog. Noraboa.

    ResponderExcluir
  22. Graciñas mil, Señor Willy. Como verá, o que ten mérito son as fabulosas tentativas de lucimento nas que andamos aquí os chavales, a outra cousa máis interesante que facer. En fin, polo menos divertímonos, que non é pouco nestes tempos que corren. Sobre o blog, simplemente política que comenza despois dun desastre escuro;)

    ResponderExcluir
  23. Xan do Kan Salgari29 de maio de 2009 14:43

    Pues nada, que la guerra de las Malvinas ha acabado, los veteranos ingleses vuelven a su casa, y la reina decide recompensarles; para ello, le deja escoger a cada veterano dos partes de su cuerpo, que debera explicar por que consideran significativas, y por cada pulgada de distancia entre ellas se les pagaran 100 libras.
    Total, que un comandante esta recibiendo a los recien llegados, en una fila, y le pregunta al primero, un irlandes:
    -Que partes de su cuerpo cree usted que representan el fervor con que ha defendido la madre patria, y por que?
    -Mi cabeza y mis pies, señor, porque en mitad de una batalla pense con la cabeza que atacando por el flanco derecho... bla, bla, bla, mentira, bla, bla, bla,... y entonces use los pies para correr a toda velocidad y bla, bla, bla, mas rollo increible, bla, bla, bla,...
    -Muy bien soldado. Alferez, midale.
    Total, que le miden la distancia de la cabeza al pie y le pagan 7000 libras. Entonces llega el segundo soldado, que resulta ser gales, y el comandante le pregunta:
    -Que partes de su cuerpo cree usted que simbolizan el amor con el que ha defendido usted al imperio britanico?
    -Mis dos manos, señor, porque cuando estabamos siendo bombardeados... bla, bla, bla, no me lo creo ni yo, bla, bla, bla... Y entonces agarre mi fusil con las dos manos y contraataque a pesar de las ordenes... bla, bla, bla, Rambo no es nadie, bla, bla, bla...
    -Impresionante, soldado. Alferez, midale.
    Y el alferez le mide la distancia de mano a mano y le pagan 8000 libras al soldado.
    Total, que llega el tercer soldado, que es escoces.
    -Soldado, que partes de su cuerpo cree usted que simbolizan el amor con el que ha defendido usted al imperio britanico?
    -Señor, yo he luchado con gran valor, asi que creo que lo que simboliza los sacrificios que yo he hecho por la patria son, con perdon, mis huevos, señor.
    -Que? Pero... esta usted seguro?
    -Que si, que si, que ha oido bien, quiero que midan la distancia entre mis cojones, señor.
    -Bueno, como usted quiera... alferez, midale la distancia.
    Total, que el soldado escoces se baja los pantalones, el alferez se agacha para medir, mira un momento, y se levanta con cara de sorpresa:
    -Pero soldado, usted solo tiene un huevo!
    -El otro esta en el hospital militar de Goose Green, islas Malvinas, señor!

    ResponderExcluir
  24. Xavier, cando queiras e con quenes queiras -xornbalistas ou non- esté verán organizamos unha "festa", non necesariamente "blaugrana"...
    Saúdos.

    ResponderExcluir

Comentarios