Épica


Non sei se con máis ou menos merecemento, se con penaltis ou sen eles, se con sorte de campións ou con xustiza ao límite. O Barça propuxo o que sabe: fútbol de toque, boa relación co balón, xogadas elaboradas. O Chelsea, enorme equipo, a súa lexítima resposta: fortaleza física, grande orde defensivo e táctico, contragolpes perigosos, contundencia no xogo. Un partido para a historia, que reúne todos os elementos da épica: empezar perdendo, quedar con dez, apelar como única saída á fe e á confianza nun mesmo... O certo é que, tanto con dez como con once, o Barça nunca deixou de tentalo. Mentres, o Chelsea, que tivo ocasións para sentenciar, especulou co resultado e nin sequera gañando 1-0, xogando na casa e cun home máis foi quen de mudar o seu estilo de xogo e propoñerse dominar o partido. E cando xa pasaba dos noventa minutos e tiñamos medio corpo levantado da cadeira, a face entre descomposta e resignada, o discurso do "sempre igual" na boca e a cocacola e as olivas ollándonos desde a mesa en esquelete, un chaval de Albacete -"no se pinta el pelo, no se pone pendientes, no se hace fotos para revistas"-, un crack humilde, sen chulería algunha, que soubo estar sempre onde correspondía e en favor do equipo, fíxonos berrar de emoción nun chimpo que escapaba de Área Central para abrazarse cos que se oían, igualiños, na zona vella, no Ensanche, en Pontevedra, en Ribadeo, en Barcelona, no Lago de Carucedo, en Londres. Despois todo foi tolería. Porque entrou, entrou, e Deus existiu e xa está fóra de tempo e eoé eoé eoé, Iniesta, si, como o Kaiserlautern, si, si, e Barça barça baaaaaaaaarça...!

6 comentários:

  1. A comunidade Marfilenho-Galega que nos xuntamos no Bar A Ponte dos Santos de Ribadeo para ver o partido estamos tan indignado coma o irmán Drogba, foi un atraco en toda a regla!!

    ResponderExcluir
  2. É curioso, moi curioso, o da comunidade marfilenho-galega.

    ResponderExcluir
  3. E a ver cando te fas un Facebook, que leva colgado esto no meu muro unha semana con vintetantos comentarios :))

    http://www.youtube.com/watch?v=fkI7tKoFz1M&eurl=http%3A%2F%2f

    PD: Dacordo con Zimmer103: villarato.

    ResponderExcluir
  4. Vengo de Stamford , donde el árbitro agita en favor nuestra los estandartes noruegos...

    ResponderExcluir
  5. Quedoume claro, despois de ver o video, que efectivamente o gol foi "a lo puto crack".

    ResponderExcluir
  6. Athleeeetic! EEUUPPPPPPPP
    Athletic txapeldun!!!!!!!!!
    GORA EUSKADI ASKATUTA!!!!!

    ResponderExcluir

Comentarios