Opinións de fin de semana

Cada fin de semana temos ocasión de deternos -ou de pasar por alto- os numerosos artigos de opinión que poboan os diferentes xornais arredor dos máis diversos temas. Recoñezo a miña adicción escrutadora ao respecto, aínda que finalmente acabe lendo tan só os tres ou catro que máis interese, por un motivo ou outro, esperten en min. Destes días fico cos seguintes:

1. A breve e pedagóxica análise que Xavier Vence fai en Xornal sobre as pensións, o funcionamento dos sistemas público e privado e a tan recorrente necesidade de reforma do sistema.

2. A clarificadora explicación de Francisco Rodríguez, tamén no Xornal, sobre a incorrección conceptual do uso do termo nacionalismo español, tema do que curiosamente xa falaramos neste mesmo blog había poucos días.

3. A divertida referencia que David Gistau fai en El Mundo sobre a estratexia xornalística de descrédito seguida por determinados medios (SER, La Sexta) contra algúns candidatos ás eleicións do Real Madrid. Á marxe da ningunha simpatía que me producen os afectados e da ningunha importancia que lle concedo ao tema en si, paréceme interesante por canto pon en evidencia determinadas estratexias xornalísticas que tamén se desenvolven no terreo político e ideolóxico.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios