Un partido para a historia

Ao final, de verdade, gañamos todos. Cando menos os que pensamos que debe haber xustiza, e que as cousas ben feitas merecen non só recoñecemento moral, senón tamén e sobre todo éxitos reais. Vitorias e títulos en fútbol. O contrario sería máis do mesmo: especulación contra honestidade, papel emborranchado contra boa caligrafía, fanfarronería contra sentidiño. Cada un emprega as súas armas, e é lexítimo, pero é importante que os bos nas historias non só obteñan xustizas poéticas, senón tamén prosaicas alegrías como a do sábado. Para que cada día haxa máis que crean e valoren o bo facer, que se miren nese espello da beleza, a intelixencia, o traballo e a humildade. Sen ánimo de ventaxismo ningún, eu xa algo escribira por aquí a semana pasada, cando aínda o Barça non xogara co Valencia, co Chelsea, co Real Madrid. Non se gañou nada, é certo; cómpre non sacar peito. Pero todos sabemos que o 2-6 do Bernabéu é, polo seu simbolismo e contundencia, algo máis que unha vitoria.

6 comentários:

  1. Non creo que sexa deshonesto xogar como xoga o Madrid. Sera feo, farragoso, antiestético, pero non deshonesto, e creo que, ademais, hai moito de traballo niso. O problema é que non teñen para máis. Teñen que fichar se queren facer algo outra vez.

    ResponderExcluir
  2. Non dixen que o xogo do Madrid fose deshonesto, dixen que era especulativo. Chameille honesto ao Barca por dicir como vai xogar e facelo, e por promover unha idea de futbol e ser consecuente con ela. O do Madrid ten moitísimo mérito: leva tres anos rematando un ciclo e nos tres anos gañou dúas ligas. Cómpre recoñecerllo, como cómpre recoñecer, tamén, que o nivel do resto dos equipos importantes do fútbol español (Valencia, Sevilla, Atlético, Depor, Villareal) baixou moito nos últimos 3-4 anos, e tamén iso explica en boa medida a racha de 18 vitorias do "Madrí". Compara as semis de Champions hai uns anos (sempre con 2-3 equipos da Liga) a agora, cun clarísimo predominio inglés.

    Polo demais, a vitoria do Barça é fermosa porque supón a vitoria do bo fútbol, dos equipos de queixan pegada na memoria. Aínda hoxe acórdome máis do Madrid da Quinta do Buitre que do Madrid da 7ª, da 8ª e da 9ª, ou de Shuster e de Capello. Por que? Porque o que queda na memoria é a beleza, o distinto, o excelso. Pódese chegar aos cumes reptando como os gusanos ou voando como as águias. Os dous son respetables, pero o Barça, de Cruiff en diante, só sabe gañar voando.

    ResponderExcluir
  3. E para o ano semella que está fichado Ribéry. Imaxina Iniesta-Touré-Xavi + Ribéry-Eto´o-Messi, con Alves entrando por unha banda e Márquez e Piqué sacando o balón de atrás. Se manteñen a ambición, a ilusión e a humildade, non creo que os millóns de Florentino (Kaká, Cristiano Ronaldo, Drogba) podan facer nada. Os tiki-takas témolos nós.

    Por certo, ánimos a Jabo.

    ResponderExcluir
  4. Ou sexa, que a Henry volvémolo xubilar
    Se dis que o Barça é honesto como contraposición ó Madrid, das a entender que o Madrid non o é, e eles nunca enganaron, non dixeron que ían xogar ben, só anunciaron garra ata o final: foi o que deron e converteron unha liga insulsa por pouico emocionante nunha competición aberta a catro partidos do final

    ResponderExcluir
  5. Non lle quito o mérito ao Madrid, por suposto. Converteron unha Liga insulsa en emocionante, certo. Só digo que o nivel da Liga foi máis baixo do habitual (cantos puntos lle saca o Madrid -incapaz diante de calquer equipo grande europeo- ao 3º e 4º clasificado?). Sobre a honestidade, a túa é unha forma de entendelo.

    ResponderExcluir
  6. Chami, liches o post de Félix Soria?

    http://im-pulso.blogspot.com/2009/05/cuando-el-barca-derrota-al-real-los.html

    ResponderExcluir

Comentarios