Compostela, 1996

Armazém 22 de Lisboa, Resistência..ao vivo! O disco comezaba con pronuncia galega do sul e miles de voces aclamando; o curso, nun piso avesío do Pexigo de Arriba, con febre de descubertas, risos nerviosos que se buscaban, dúas ou tres botellas do ribeiro máis barato. Onde pousamos as palabras medraron as noites, a ferida feliz dos silencios que se deitaban nas nosas camas, as amizades coma hedras na faciana de cada día. Resulta complicado lembrar na voráxine daquel tempo, acoutar os lindes precisos de cada marco pousado na memoria. Os risos compartidos, os nervos crechos en tardes de bandeiras, xuntanzas e consignas, as confidencias estradas coma herba nas horas que gardabamos para o alento escuro dos cuartos, con Oasis, Sabina, Resistência, Eric Clapton, Extremoduro. Pasamos o curso vestidos de fulgor, abrindo mundos cos ollos, sabendo que o mañá era sempre lonxe de máis. Atarrezo a pensar naquel tempo que ficou relado coma o pan enriba da mesa, atoado pola folgueira de recordos que medrou a canda os anos que viñeron despois: intensos, veloces, apaixonados. Mais coa noite achégase insomne, dun algures imprevisíbel, a silenciosa peneira -o lembrado, o inventado, o reconstruído- de todo aquilo que fomos e aínda hoxe habita en nós.

6 comentários:

  1. Tempos de resistencia! uff, que lembrnzas. Fai pouco, un amigo daqueles tempos gravoume os CD que mercara, xa que daquela o escoitabamos en cinta penso!! e sigo desfrutando con intensidade a forza que emana das súas cancións!!

    ResponderExcluir
  2. Nótote moi melancólico con respecto ós tempos de estudante, será o de entrar na terceira década? A verdade é que para min tamén foron anos decisivos, tamén no plano político, en especial o movemento anti LOU, durante o cal as Universidades galegas estiveron en primeira liña... Todo un proceso de aprendizaxe. Pero en fin, que aínda nos queda moito por batallar (sobre todo os próximo catro anos... E recemos para que só sexan catro). Bicos

    ResponderExcluir
  3. Que selección musical tan penosa. No me extraña que os tuvieseis que embrutecer con ribeiro de saldo.Pudo ser peor.Al menos, es un vino Gallego

    ResponderExcluir
  4. Jajaja...pois si, visto desde hoxe, non me interesa o que fai ningún daqueles (agás Resistência, pero xa non existe). No momento, en cambio, era o que había nas cintas de cassete dos nosos cuartos. Xunto con cousas ben máis interesanes, pero tampouco se trata de ser pedantes e dicir que escoitabamos a Nusrat Fateh Ali Khan, Stone Roses e María Creuza todo o día (algo tamén, :).

    ResponderExcluir
  5. Actualmente estoy sumergido en la exploración de las abisales profundidades sónicas de una nueva ola de bandas psicodélicas protoambientales.
    Es lo único que me conmueve musicalmente a día de hoy.

    ResponderExcluir

Comentarios