Norte do alén

Se aínda non o fixeron, fágano: fáganse con el, mérqueno para vostedes, agasálleno aos amigos que teñen fóra. Xa o di Guadi no video: este non é un disco para levar ao directo, senón para remoer na intimidade do fogar, cos cascos, na escuridade, descubrindo matices en cada escoita. Ou para a praia. Ou a para a luz dos ceos que nos agardan. En calquera caso, un disco ao que volver, co que a conversa non é a branco ou negro, a todo ou nada. O tempo que nos foxe das mans, que non temos, é o tempo que nos esixen estas cancións diversas e delicadas. Estamos no mundo dos sms e vai Guadi e dános unha novela, feliz e atrevida. Benzón. Así a desfrutamos. Eu quedo estes días, no coche, con "Norte do Alén" e a "Xota do 9 de abril", fermosas e emocionantes. Cadaquén, de todos os xeitos, terá que descubrir as súas. Fai falla beleza que contrarreste tanta estridencia como nos asolaga.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios