(Pequenos motivos para unha) Sinxela alegría

O tacto nos pés da area do Mar de Fóra, o cheiro a sol lambéndonos a pel, os xornais en anacos e as cocacolas. Un xantar de topónimos, que gorentan o corazón e o estómago da mañá, camiño de Cee. O artigo de Pilar a partir da estampa de Bagaría, e a foto no periódico con Mila e con Nel. O sabor da tortilla pouco feita. Cat Power susurrando o Lived in Bars, Sigur Rós cantando en islandés. A tarde de hoxe, con tempo para gozar da conversa e da cidade. Os días que van pasando, calmos e serenos, cara a un outro verán das nosas vidas.


Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios