Unha hora co líder de Occidente e outros posts


Con ese título (Unha hora co líder de Occidente) introduce no seu blog Xosé Manuel Pereiro, intelixente e retranqueiro coma sempre, a súa crónica en El País sobre a sinatura de libros de Aznar na Coruña. Anímovos a lela, e tamén a lembrar e clarificar de quen falamos cando falamos de Aznar, en tempos coma estes nos que as persoas e os medios perden tan rapidamente a memoria. Déixovos con catro xoias do ínclito elemento, presidente do PP e da fundación da dereita extremista FAES. Nelas, o líder da dereita pasa polo desvarío etílico, o acomplexamento ridículo, a megalomanía histórica e criminal e a traición á confianza dos propios cidadáns españois.

Por outro lado, convídovos tamén a facer repaso dos post actuais dos blogueiros que teño na sección BLOGUES PREFERIDOS, na columna da esquerda do meu. A verdade é que as entradas de hoxe de Félix Soria, Fermín Bouza, Xosé Mexuto, Manuel Jabois, Arturo Casas e Suso Fdez. Acevedo non teñen desperdicio, e dalgunha forma representan unha certa converxencia -desde posicións ideolóxicas ben diferentes- na necesidade de que, como sociedade, apostemos pola convivencia, o diálogo e a responsabilidade como valores sobre os que construír o noso presente e o noso futuro.

2 comentários:

  1. A que vuelvo y arreglo la crisis.La española como todos nosotros y la mundial.Y luego qué. A criticarme otra vez,rojos de salón. Quién os has pedido que escribáis sobre mi.O que conduzcáis por mi.Joder.La inacción engendra pestilencia.

    ResponderExcluir
  2. Desde logo, non volvo presentar ningún libro máis no Corte Inglés da Coruña!!! ;)

    ResponderExcluir

Comentarios