Non penses nunha gaivota





Vivimos nunha sociedade na que a esfera pública ficou en boa medida reducida á presenza mediática. É innegábel o valor que hoxe en día ten a comunicación como parte central do que son as estratexias políticas. Acontece que desde hai décadas a dereita é sabedora da importancia da "guerra cultural" que se dá no campo da comunicación dos valores e da imposición dos marcos conceptuais dos debates, en tanto que a esquerda pensa que os feitos falan por si sós e que a verdade nos fará libres. Na opinión de George Lakoff, profesor de Ciencia Cognitiva e Lingüística na Universidade de Berkeley, estas suposicións da esquerda son absolutamente inxenuas e equivocadas. E desta forma, o pensamento conservador leva anos avanzando posicións na batalla principal, a das ideas, a través de toda unha estratexia de think tanks, medios de comunicación, publicacións, etc que conseguen que a propia prensa e os propios políticos progresistas empreguen, sen sabelo, os marcos conceptuais ideolóxicos da dereita, como se fosen naturais e neutrais. Non é casual, por exemplo, que a unha lei que permite a tala indiscriminada de árbores se lle chame "Lei de Bosques Sanos" ou que unha que, de facto, permitirá a creación de centrais nucleares e o aumento da contaminación das industrias pesadas leve o nome de "Lei de Ceos Limpos". Volvemos enlazar neste punto, en parte, con Bourdieu, e coa eficacia das formas de dominación invisíbeis, simbólicas.

Mais poñamos exemplos no caso galego: as eficaces tácticas de propaganda gris despregadas polo PP e o seu aparato mediático afín durante a campaña eleitoral, a eficaz campaña contra o galego que levaron a cabo o españolismo e a dereita extrema (PP, UPD e medios afíns) a través dun discurso orwelliano (liberdade de escolla, contra a imposición) sobre a lingua socializando o marco conceptual da "imposición" do galego como campo de xogo para o debate, as referencias do PP a que o nacionalismo en Galiza é unha ideoloxía "importada" (por tanto, non galega, non propia da nosa sociedade, ..). Hai máis e moi fáciles de ver, só que non lles damos a importancia que teñen. E mentres tanto, a esquerda? Pois depende. Moitas veces nos biosbardos, outras entrando torpemente en debates-trampa nos que só se pode perder e a maioría das veces actuando con contundencia e indignación de forma simplemente reactiva, o cal demostra que non se leva a iniciativa nin se é capaz de xerar un discurso e un marco de referencia propio.

Lakoff, dinos, no seu libro No pienses en un elefante, cousas coma estas:

"Cando pensas que o único que che falta son palabras, o que realmente che faltan son ideas. As ideas xorden baixo a forma de marcos. Hai unha maneira de saber cando che faltan os marcos adecuados, que seguramente xa terás observado. En televisión os conservadores só empregan dúas palabras: alivio fiscal. Os progresistas, mentres tanto, líanse nunha longa parrafada para explicar o seu punto de vista. Os conservadores apelan a un marco pre-establecido, como que "os impostos son unha carga", o cal lles permite falar coherentemente de "alivio fiscal". Pero no outro lado non existe un marco pre-establecido. Os progresistas poden falar desa cuestión, por suposto, pero xa lles súpón un certo esforzo porque non teñen ningún marco creado con anterioridade e fixado socialmente na esfera pública ao que apelar e do que botar man. En ciencia cognitiva hai unha palabra para este fenómeno: hipocognición -a carencia daquelas ideas que precisas, a ausencia dun marco prefixado e simple que poida ser evocado con unha ou dúas palabras."

"Non é casual que os conservadores vaian gañando alí onde enmarcaron con éxito as cuestións máis importantes para eles. Lévannos (refírese a EE.UU) entre 30 e 40 anos de vantaxe, e máis de 2000 millóns de dólares en think tanks e medios de comunicación. E seguen pensando a longo prazo. Os progresistas non. Os progresistas séntense tan vapuleados polos conservadores que só poden pensar en defensas inmediatas. Teñen que responder cada pouco aos ataques conservadores. Sempre é igual: ¿como facemos agora para quitárnolos de enriba?. Isto conduce a políticas reactivas, non proactivas"

"Cambiar de marco é cousa de todos e cada un, e moi especialmente dos xornalistas e gabinetes de prensa. A dereita empregou durante moito tempo a estratexia de repetir continuamente frases que evocan os seus marcos e que definen desde o seu punto de vistas as cuestións importantes. Tal repetición consegue que a linguaxe apareza como normal, neutral, como modos cotiás de pensar nesas cuestións. Os xornalistas deberían ser capaces de decatarse de cando os queren levar a ese terreo e negarse a seguilo, non empregando os marcos que a dereita quere facer aparecer como non connotados."

"Grazas ao traballo dos seus think tanks intelectuais, dos seus profesionais da linguaxe, dos seus escritores, das súas axencias publicitarias e dos seus especialistas nos medios, os conservadores puxeron en marcha unha revolución no pensamento nestes últimos trinta anos (refírese a EE.UU). Empregando a linguaxe, conseguiron tildar aos progresistas de elitistas decadentes, despilfarradores, antipatriotas, progres de limusina, etc mentres que deles mesmos crean visións afíns aos seus marcos: campechanía, autoridade, populismo rural, proximidade. Os participantes nas tertulias radiofónicas e televisivas adoptaron un estilo case guerreiro, propio de predicadores incendiarios. E insisten sempre nas mesmas mensaxes, nas mesmas ideas, no mesmo marco. Saben que sen esta "guerra cultural" non poden manterse cohesionados para gañar"

Pensade nas palabras anteriores e aplicádeas ao caso galego e español: a Galicia Bilingüe, ás tácticas difamatorias da Voz e do PP na campaña eleitoral, ao brunete político mediático español de Aznar, Pedro Jota e Jiménez Losantos, ao papel de FAES, á percepción existente na nosa sociedade sobre uns e outros, ... e tamén ás nosas propias e enormes carencias, inxenuidades, ausencias de discursos, estratexias e visións a longo prazo.

En fin, unha leitura interesante e moi recomendábel polo que ten de suxerente -tamén de discutíbel, claro- para facermos este verán.

11 comentários:

  1. Gracias por citarme otra vez.
    Te daré una parte de los beneficios del libro.
    De acuerdo como no en casí todo.Faltan algunas etiquetas interesantes como izquierda caviar,rojos de salón y los selling smoke.
    El problema de la mayoría de la izquierda es que esta muy cómoda en su propia caricatura. Los que no se la pelan con el tema de los palestinos, Fidel Castro o Hugo Chavez lo hacen con Obama -Según parece su gran mérito político es ser negro- y el carismático Bono. Estan tan convencidos de ser los buenos de la película y que la razón les pertenece que la palabra autocrítica desapareció de su diccionario años ha.Y a quienes les llevan la contraria,lo tienen tan fácil como acusarles de fachas o demagogos antes de volver a sus vainas intelectuales a dormirla.

    ResponderExcluir
  2. Eres un facha y un demagogo

    ResponderExcluir
  3. Felicidades por este nuevo "look". Ahora tienes a tus preferidos a la derecha.Como debe ser.
    Mr Lakoff. No se puede escribir con resaca.Que el mar es muy traicionero.

    ResponderExcluir
  4. Vaia, soábame moito o nome de Lakoff desde que o mencionaches en entradas anteriores, fun mirar e resulta que o coñecía dun ensaio que lin o ano pasado como parte dun curso que fixen, "Metaphors We Live By" (pode atoparse aquí: http://theliterarylink.com/metaphors.html). No fondo vexo que o que Lakoff desenvolve en "Metaphors" está na base destoutro libro, que vou ver se podo conseguir.

    Polo demais, totalmente de acordo co tema de que a dereita é tremendamente exitosa en impoñer os seus marcos de debate. Na campaña das últimas autonómicas desesperábame moito ver como o PP era o que marcaba o discurso, e o peor era comprobar que o PSdG e BNG lles entraban ao trapo sen definir eles marcos propios.

    ResponderExcluir
  5. Completamente de acordo, Eva. A campaña eleitoral galega foi un exemplo perfecto no sentido do que di Lakoff, mais tamén o exemplifica moi ben o que está sendo a ofensiva do españolismo na cuestión da lingua. Dáte conta como deixamos que nos roubaran as palabras e as empregasen en contra nosa. Son eles os que falan de "imposición", de "liberdade de escolla", ... e mentres tanto nós só con actuacións reactivas (exitosas, como a manifestación do 17 de maio, pero reactivas: á semana xa estaban anunciando a enquisa sobre o galego no ensino). O que Lakoff vén a dicir é: non uses a linguaxe nin xogues no marco que a dereita emprega, crea ti mesmo o teu marco para os valores que defendes.

    Sobre o tipo en si, o pero que ten son os títulos dos libros, que ás veces fan que desconfíes e che aprezan manuais destes de tenda de aeroporto. Porén, temos que perder os prexúízos e poñernos menos estupendos: a dereita gaña por iso, porque desprega todo o seu aparato mediático e ideolóxico sen rubor (COPE, El Mundo, ABC, La Razón, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, Intereconomía, Popular TV, FAES, César Vidal, Jiménez Losantos, Isabel San Sebastián, Santiago Siete, Pío Moa, Pedro Arias, ...). Desde posicións máis estremas ou menos, pero dan unha e outra vez coa mesma linguaxe. E acaban gañando.

    O bipartito foi "derrochador", "mal xestor", "elitista", "impositivo"... e eles véndense como "austeros", "bos xestores", fan "consultas" e ofrecen "liberdade para escoller idioma", ... Non podemos caer na súa trampa. Como di Lakoff, reenmarquemos o noso discurso:

    - Falemos de defensa da convivencia e da igualdade de dereitos.
    - Enmarquemos os obxectivos últimos deles: a súa aposta polo "apartheid" lingüística, o "acoso" ao que someten ao galego...

    Por suposto, non se trata de empregar uns termos ou outros. Lakoff explica que isto é unha cuestión de longo prazo e que sen verdade detrás, os conceptos- por brillantes que sexan- non chegan. Pero temos ideas e valores positivos, e podemos comezar a desmotar a sáu linguaxe orwelliana.

    Apertas grandes
    Xavier

    ResponderExcluir
  6. Xustamente hoxe ía deixar na última entrada do blog de Suso unha entrada sobre o feito de que Galicia Bilingue e similares se apropiasen de conceptos unanimemente percibidos como positivos, tipo "liberdade", "elixir", "dereito a (o que sexa)", etc. Claro, se a sra. Gloria Lago sae na portada de El Mundo (que de feito algunha vez saiu) dicindo "Nosotros solo queremos libertad para elegir", pois o máis fácil é poñerse do lado dela.

    Outro termo repetidamente utilizado pola dereita e que me chama moito a atención é o de "perfil técnico" que se usou, p.ex., para presentar ao actual Equipo de Goberno da Xunta, resaltando que os conselleiros son xente con supostamente moita experiencia no seu ámbito pero escasamente ideoloxizados... de Feijoo tamén se repetiu moito a idea de que era un "tecnócrata", un "xestor" e non un ideólogo. A min resúltame curioso, porque parece que lle quixesen vender á xente a idea de que a ideoloxía é mala (e o PSOE coido que lle está entrando a este xogo, o BNG tal vez menos), pero por outra parte eles ben que desenvolven ideoloxía a través da FAES e similares, e así, colocando á fronte aos supostos "tecnócratas", conseguen que esta actividade ideoloxizadora quede máis agochada. Bueno, igual tamén é que eu son un pouco conspiranoica...

    ResponderExcluir
  7. Tierra Baldía.
    La COPE, El Mundo, ABC, La Razón, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, Intereconomía, Popular TV, FAES, César Vidal (Protestante), Jiménez Losantos (ex rojo), Isabel San Sebastián, Santiago Siete, Pío Moa ( ex rojo), Pedro Arias, no convencen a nadie para que vote a la derecha.
    La gente que acude a estos medios ya esta ganada de antemano a la causa.
    Ahora lo que si tienen es una Radio Televisión Libre de las Mil Colinas a nivel gallego e incluso español, que de vez en cuando, proporciona las coartadas "intelectuales" de las que carecian hasta hace poco y que sabe movilizarlos cuando hace falta.

    ResponderExcluir
  8. Pepinho, non podo estar de acordo contigo. Efectivamente a maioría dos que ven, len ou escoitan a eses medios e persoas xa son convencidos ("os medios xa non teñen lectores, teñenm partidarios") mais eses medios o que fan é subministrar argumentarios para que o corpo social da dereita os empregue nos debates en todos os frentes: nunha conversa entre amigos, nos bares, no traballo, na casa, nas televisións, no Parlamento, ...

    Mentres tanto a esquerda subestima esta realidade e abdica nos seus políticos, que non poden contra tal marexada e aos que despois machacamos hipercriticamente. Somos moito de gañar a academia e perder a rúa. Zapatero tentou dar resposta timidamente (creou La Sexta e Público) pero no nacionalismo estamos a velas vir. Pura dinámica reactiva: entusiasmo, vontade, defensa apaixonada do que pensamos que é xusto. Hónranos, pero non chega, non é eficaz socialmente. Perdemos.

    Trátase de crear un clima social, de enmarcar as cuestións: a da lingua non é máis que un tema que ten a ver co modelo de sociedade que queremos. Queremos unha sociedade na que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e deberes, as mesmas oportunidades e sexan iguais diante da lei? Se é que si, deberiamos insistir en que tal obxectivo non se cumpre para os galegofalantes, que están nunha posición marxinal e claramente discriminados, imposibilitados de facer a súa vida de forma normal en galego. Pola contra, falamos de diglosia, de procesos de normalización, de modelos de ensino, de ... E o PP e galicia Bilingüe, dúas palabras: contra a imposición, a prol da liberdade de escolla. Touché! Xa nos mataron... Sabemos que é mentira, que non queren iso, indignámonos, non comprendemos como a xente cae na trampa, se é parva ou que pasa... e acabamos perdendo a batalla. Porque non imos aos esencial, non falamos dos calores que a xente comprende e ten interiorizados.

    O libro de Lakoff serve para reflexionar sobre este tipo de cousas.

    Comentei o mesmo en posts anteriores, antes de ler o libro, e hoxe áinda me reafirmo máis na idea:

    http://cavanarda.blogspot.com/2009/05/politica-linguistica-na-encrucillada.html

    http://cavanarda.blogspot.com/2009/05/facer-visibel-o-real.html

    Apertas

    ResponderExcluir
  9. Por certo, recomendo encarecidamente a leitura do post FALOU O ORÁCULO -valente e interesantísimo- no blog de Arturo Casas "Lándoas"

    ResponderExcluir
  10. A ideas marco que millor definen a situación de acoso ao galego son: ODIO e EXTERMINIO, que teríamos que usar con profusión.
    Un pai que se dirixa ao seu fillo de poucos anos en galego, con naturalidade e sen complexos nalgúns ámbitos das dúas grandes cidades do pais, poderá sentir ao seu redor un ODIO inequívoco. En Madrid rondaría a temeridade.
    Calquera que lea os teóricos da dereita sobre os conflictos lingüísticos no estado sabe que o que pretenden, en última instancia, é o EXTERMINIO das lingüas periféricas.

    ResponderExcluir
  11. “En Galicia, á vista do que sucede e de ser rigorosos coa etimoloxía, apenas hai conservadores. Ben pola contra, dá a impresión de que existe un afán maioritario por desfacerse canto antes de todo aquilo que paga a pena conservar. Os únicos conservadores que quedan en Galicia pasan por radicais ante a opinión pública”. Manuel Rivas, 1992.

    ResponderExcluir

Comentarios