1. Facer visíbel o real, rabuñar nas aparencias. A orde das cousas como construcción histórica. "As cousas non son así porque si".
"(As estruturas da dominación) son o produto dun traballo continuado (histórico, por tanto) de reproducción ao que contribúen uns axentes singulares (entre os que están os homes, cunhas armas como a violencia física e a violencia simbólica) e unhas institucións: Familia, Igrexa, Escola, Estado"
"A violencia simbólica é, para expresarme da maneira máis sinxela posíbel, aquela forma de violencia que se exerce sobre un axente social coa anuencia deste. (...) é esa violencia que arrinca submisións que nin sequera se perciben como tales, apoiándose nunhas «expectativas colectivas», nunhas crenzas socialmente inculcadas."
"A forma por antonomasia da violencia simbólica é o poder que, máis alá da oposición ritual
entre Habermas e Foucault, se exerce por medio das vías de comunicación racional, é dicir, coa adhesión (forzada) de aqueles que, por ser produtos dominados dunha orde dominada polas fuerzas que se amparan na razón (como as que actúan mediante os veredictos da institución escolar ou as imposiciones dos expertos económicos), non teñen máis remedio que outorgar o seu consentimento á arbitrariedade da forza racionalizada."
2. A violencia que non se ve. "Liberdade" de escolla e autoodio. O galegofalante en contra do ensino do galego ou "as mulleres son as súas peores inimigas".
"Os dominados aplican ás relacións de dominación unhas categorías construídas desde o punto de vista dos dominadores, facéndoas aparecer dese modo como naturais. Iso pode levar a unha especie de autodepreciación ou autodenigración sistemáticas, especialmente visíbel (...) na súa propia adhesión a unha imaxe desvalorizada de si mesmos."
"O efecto da dominación simbólica (trátese de etnia, sexo, cultura, lingua, etc.) non se produce na lóxica pura das conciencias coñecedoras, senón a través dos esquemas de percepción, de apreciación e de acción que constitúen os hábitos e que sustentan, antes que as decisións da conciencia e dos controis da vontade, unha relación de coñecemento profundamente escura para ela mesma."
"O poder simbólico non se pode exercer sen a contribución dos que o soportan porque o constrúen como tal. Mais (...) esta construción práctica, lonxe de ser un acto intelectual, libre e deliberado dun "suxeito" aillado é, en si mesmo, o efecto dun poder, inscrito de maneira duradeira no corpo dos dominados baixo a forma de esquemas de percepción e de inclinacións (a admirar, a respectar, a amar, ...) que fan sensíbeis a algunhas manifestacións simbólicas do poder."
"A violencia simbólica é esa coerción que se institúe por mediación dunha adhesión que o dominado non puede evitar outorgar ao dominante (e, polo tanto, á dominación) cando só dispón para pensalo e pensarse ou, mellor, para pensar a súa relación con el, de instrumentos de coñecemento que comparte con el e que, ao non ser máis que a forma incorporada da estrutura da relación de dominación, fan que esta se presente como natural..."
Os parágrafos anteriores pertencen a Pierre Bourdieu, fundamentalmente ao libro La dominación masculina, obra moi recomendábel para entendermos como se reproducen as estruturas de dominación social. O libro, a través da análise da forma paradigmática de dominación (a do home sobre a muller), fundaméntase na importancia política do campo do simbólico, desde unha perspectiva que complementa as análises marxistas sobre a cuestión (estrutura-superestrutura; concepto de alineación; falsa conciencia) e achéganos valiosas análises que nos axudan a entender as relacións de dominación que se dan por baixo da aparente "normalidade" e "naturalidade" da orde das cousas. En fin, que moi recomendábel.

Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderExcluirParéceme moi interesante esta entrada, non só polas citas de Bourdieu en si (non lle lin esta obra, aínda que si outras sobre o concepto de campo cultural), senón polo uso que fas dunha teoría xeral (a da dominación) para explicar unha situación concreta (a da lingua galega). Precisamente a semana pasada había en Vieiros un artigo nesta liña, aínda que o pensador que utilizaba era S. Zizek, e é unha liña que a min me gusta, creo que a situación do galego hai que vela enmarcada dentro dunha serie de procesos máis xerais e para comprendelos hai que ir aos que teorizaron sobre eles, desde a filosofía, socioloxía, teoría crítica, etc.
ResponderExcluirChamoume a atención especialmente este parágrafo:
"A violencia simbólica é, para expresarme da maneira máis sinxela posíbel, aquela forma de violencia que se exerce sobre un axente social coa anuencia deste. (...) é esa violencia que arrinca submisións que nin sequera se perciben como tales, apoiándose nunhas «expectativas colectivas», nunhas crenzas socialmente inculcadas."
E despois virá nonseiquen a falarnos de "liberdade" e quen non respecte esa "liberdade" será un "impoñedor" (ou "impostor", xa non sei).
PS. A entrada anterior tamén era miña, pero sen querer comentei con outro usuario de Google que teño; non é que pase nada pero normalmente só comento con estoutro nome.
Bueno.Tampoco es tan recomendable.Tuvo un buen maestro pero luego se echo a perder.
ResponderExcluirEstou de acordo con Eva, e que non sirva de precedente :)
ResponderExcluirMoi bo post.