Asomou a cabeza o verán e volveu marchar. Cando xa tiñamos o corpo tensado como unha guitarra, as bocas devecendo por rir e compartir noites, a pel vestida de vacacións e de domingo e de festa. A repetición gozosa do ritual adquire serena luminosidade, muda a épica inocente de noutrora por unha cadencia lene, familiar e coñecida. O cansazo médranos nos ollos e procuramos músicas e sabas e silencios compartidos, bicándonos as mans. Ladran as gaivotas a tormenta e apetece durmir a tarde, non saír destas horas, non viaxar cara mañá. Os xornais, as novas, o traballo... poden esperar.
Que va, o sol nunca marcha, só agocha por un rato.
ResponderExcluirPero a canción, e o grupo, son incríbeis. Saúdos dende a foto pequena.
Chuchos. E Motorcycle Emptiness.
ResponderExcluirdesde a foto pequena???
ResponderExcluir