Ben falado

Non se trata de maniqueismo, senón de honestidade, de feitos e discursos comprobábeis. Cada día que pasa a situación faise máis evidente, os obxectivos duns e doutros tamén, e convértese en imposíbel a equidistancia a non ser que a alimente o cinismo ou a ignorancia prexuizosa. Hai un camiño que leva a valorar o propio e a estar aberto ao alleo, que sabe que só desde a propia identidade se pode ser universal. Hai outro que leva roupas de modernidade e agocha desprezo pola propia identidade. Acomplexado, vítima do autoodio, procura aparentar moderno e triunfador negando o propio ser, ocultando a identidade mesma. Un camiño leva á convivencia e ao progreso, o outro á fractura social e ao empobrecemento cultural. Isto é o que penso, e velaquí cadaquén, retratándose:

Uns.

Outros.


E de remate, un anaco que paga a pena ver -anda estes días circulando veloz pola Rede- do magnífico programa da TVG bipartita, o Ben Falado.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios