Coeur de pirate

O sabor dunha mazá, o olor quente do café recén feito, o acariñar lene do primeiro xersei do outuno. A túa mirada podería pasearme por Vigo, sorrir na noite de Lisboa, darme un chucho soleado en Ribadeo. Nas cidades nas que non estiveches cando eu estaba, nas estacións de paso dos anos habitados, nas moradas pensadas para mañá contigo, recréote agora con coidado e ollos semiabertos, ao acubillo do mencer das almofadas. A túa presenza é mirada, non esculca; compaña sen invasión, dedos tocando dedos e brisa morna na face. Gústame por iso. O sabor dunha mazá, o olor quente do café recén feito, o acariñar lene do primeiro xersei do outono.

2 comentários:

  1. Jei, ese disco (e especialmente esa canción) póñémosllo moito ao neno, e parece que lle gusta. Máis que os Homens, desde logo, hahaha! Como vai todo?

    ResponderExcluir
  2. Ei, que tal? ben, vai ben. Agardando impaciente o voso disco... Estiven todo o verán en ribadeo co Ilha Formosa no coche!

    ResponderExcluir

Comentarios