Mirámonos e non queremos pensar que fagan o que fagan nada vaia acontecer. Ao redor medra o silencio, cara dentro, afogando a alegría e a vontade de sermos outra cousa. Medra ese silencio -tóxico, griposo, apodrecido- porque quen máis e mellor poderían falar non falan: sempre hai unha escusa para o silencio e o escapismo, sempre unha coartada: a institución, a posición, o momento. A liberdade que dá o diñeiro para dicir nuns casos obriga a calar, noutros procura porqués para neutralidades imposíbeis. Fronte ao convencido e firme programa da eliminación, frustrantes escaleiras de subida e baixada, metafísica indolente. A mentira de que culpábeis son/somos todos. A pucharca de auga podre das pinas e dos piñeiros: elitismo e comenencia, unha vez máis, sempre. Tamén nós enfermamos de cousa pétrea nos ollos, néboa cinsenta nas costas, chamada imposíbel na boca. Vannos desandando o camiño e nada, nada acontece. A asunción da derrota fría nos ósos, un penoso cinismo mastigado entre dentes. Sabémolo ben e deixámolo estar. Os que menos podemos dicir á intemperie miramos a rúa, os xornais, e constatamos a infección deste maldito silencio. Gravámolo, remoemos, cuspimos. Doe pero é unha proba para o futuro, de rancor, de derrota, de vergoña e violencia.
Muy buena peli
ResponderExcluire moi desgrazado país (o noso), incapaz de se facer respectar
ResponderExcluironde están os intelectuais sempre tan críticos co nacionalismo no Goberno e incapaces de abrir a boca sobre o papel do PSOE galego con respecto ao idioma, absolutamente vergoñento? onde os sectores para defender políticas públicas en vez de mendigar cachos particulares?
ResponderExcluir