Last of the English roses

De ter unha equipa de rugby, o seu símbolo sería a flor do toxo, a chorima que acende os montes da nosa terra. Espiña e flor, dureza e dozura, símbolo fermoso da vida. Pediuno antes con amor e con tino o noso Rivas. Xogo mentalmente coa idea mentres soa Pete Doherty camiño da area longa de Reinante, para o terceiro dos nove baños de setembro. Polas da ría de Aldán ondean bandeiras diferentes, ollando ao mar desde as costas dun boi de pedra deitado no cume da punta oeste. Onde mira o mundo San Mamede do Mar medra a man tendida aos que achegan o seu sabéndonos Nós. Quero vestir a camiseta celeste de Mostovoi, suar na herba das ribeiras do Atlántico piscina. O sorriso do neno palestino, a cantiga popular dos desherdados, os carballos de Eire. "Hai xente que non sabe quen está a xogar./ Pero eu si./ E non canso" comparte Rivas unha pinta na Royal Oak Tavern. Fuxo da tarde e soño con outro verán, así, coma este.



4 comentários:

  1. Muy bonito.
    Copiando a los escoceses que son otro ejemplo de carallo.

    ResponderExcluir
  2. Unha folla de eucalipto. É tan representaivo das nosas fragas,da nosa idiosincrasia.

    ResponderExcluir
  3. Agradecido pola súa visita a estas páxinas, señor frade. Xa houbo tamén que tal propuxo: substituir a vaca e o carballo pola avestruz e o eucalipto. Houbo anos en que abrían explotacións de avestruces pola Costa da Morte -non é brincadeira, asegúrollo- e fechaban agrarias poola cota do leite. Do eucalitro, colito, alcolito, eucalito e demais variantes dialectais e vulgarismos, para que contarlle, para que? E máis a vostede...

    ResponderExcluir
  4. LO QUE SE PERDIÓ KATE MOSS,.SEGURO QUE ELLOS HUBIESEN ELEGIDO UNA HOJA DE COCA.

    ResponderExcluir

Comentarios