Ao final da escapada




A felicidade é un zume de laranxa unha mañá de sábado, nunha terraza de verán. O cheiro a novo dos libros recén mercados. A estadía tranquila entre os brazos dunha tarde de decembro. Unha noite de fulgor nos teus ollos.

-------

Deberiamos fundar un país no norte, ao norte do alén. Entre Mondoñedo, Viveiro e Ribadeo. Con capital en Vilar Ponte, en Cunqueiro, en Gamallo Fierros. Galeguista e republicano. Profundamente musical, e neboento, e inaccesíbel. Con capacidade para fuxir dos mapas, de agocharse no tempo. Fermoso coma as azas molladas das aves deste inverno, coma unha gota de mercurio caíndo nas feridas do combate, como as hedras que medran e agallopan nas ruínas do que fomos.

----------

Ás veces apetece, para que negalo. A min, polo menos, apetéceme. Dar un puñetazo nos dentes a tanto cretino como hai. Facéndolle sangrar, desde logo. E seguir bailando.

------------

Cousas que reconfortan. A leitura poderosa, viva e libertadora fronte a tanta estupidez e tanta hipocresía disfrazada de esquerda e de socialdemocracia. O poder solidario, emancipador, revolucionario da palabra -cada día máis necesaria, e sanadora- que se ergue sobre o ruído dos días. A túa mirada.

5 comentários:

  1. Mondoñedo, como los miércoles, no existe. Es una invención de Cunqueiro, sus habitantes son personajes de ficción. Formulada de otro modo: Alvaro Cunqueiro escribe e inventa un mundo al que llama Mondoñedo y nombra sus alrededores, sus calles, sus plazas. Nombra, y al nombrar crea, el asilo de san Miguel, os Castelos, Furado dos Cas, Masma, Tronceda, Valiñadares, Montedarca, la malataría, rúa Pardo de Cela, en fin, arbitra una toponimia. ¿Qué hace a continuación? Lo que hizo Dios: poblar de personajes ese espacio narrativo. El ejemplo clásico es Manuel Montero, el Mago Merlín. ¿Lo conocen? ¿No? Después iremos a visitarlo. Yo mismo soy un personaje de Cunqueiro. Como la catedral. O como ustedes dos.

    -Pues a mí me parece que yo existo, que Mondoñedo existe. Que este licor café y -Horacio miró por la ventana- la lluvia que caía hace unos minutos era real. ¿No habrá abusado usted del alcohol?

    ResponderExcluir
  2. Vostede e máis eu sabemos que existe. Existe porque as palabras crean o mundo, e a nós con el. Existe como existen o desexo e a memoria, que é, en definiva, o unico que somos. Como a taberna de Póngalas, como o mapa de pastelarías madrileñas de Don Dionisio, coma a comida agochada nas cunetas que xente leal deixaba na noite ao Gardarríos. Ou como existe Nembrot.

    ResponderExcluir
  3. Yo me pido embajador de la República de Bon y su inmensa área de influencia en el País ao Norte Do Alén. Garantizo visitas oficiales intermitentes pero inolvidables. Allí donde el perenne cielo gris y el mar encabronado definen el horizonte vital, allí estaré.

    ResponderExcluir
  4. Le champ culturelle français; Le temps de Jeunes Turcs; Le "miracle" d´À bout de souffle; La fin de la innocence.

    ResponderExcluir
  5. L´insurrectiont qui vient13 de dezembro de 2009 às 19:19

    A area de Bon é bon agocho para o final da escapada. E miradoiro perfecto para termos sempre presente, con Novoneyra, o pouco que é un home. Aquele abraço!

    ResponderExcluir

Comentarios