Na tradición dos vencidos



"En contra desta visión da historia do punto de vista dos vencedores - os señores de escravos, os emperadores, os aristócratas, os conquistadores, os terratenentes, os banqueiros, os ditadores, os xefes de industria - Benjamin propón unha concepción oposta: a tradición dos oprimidos, o punto de vista dos vencidos. Non os vencidos en tal ou cal guerra ou enfrontamento, senón os que son vítimas permanentes dos sistemas de dominación: os escravos, os servos, os campesiños, os proletarios, as minorías étnicas ou relixiosas, as mulleres. Oprimidos que resistiron, que loitaron, que se ergueron contra a dominación, unha e outra vez, pero que remataron sendo derrotados polos señores. As loitas de liberación do presente, subliña Benjamin (Tese XII) inspíranse no sacrificio das xeracións vencidas, na memoria dos mártires do pasado. Traducindo en termos da historia moderna de América Latina: a memoria de Cuhahutemoc, Tupac Amaru, José Martí, Emiliano Zapata, Augusto Sandino, Farabundo Martí... A tarefa do historiador crítico, do partidario do materialismo histórico é, escribe Benjamin na Tese VII, « cepillar a historia a contra-pelo ». O que significa: non aceitar xuntarse ao cortexo triunfal, oporse á versión oficial e dominante da historia, a que aloumiña o proceso no sentido dos cabelos.
"

Michael Lowy, El punto de vista de los vencidos,
tirado de rebelion.org


Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios