Lengua sin manos, como osas hablar!

Cuba, Venezuela. Andan os medios españois en unánime aquelarre contra os discrepantes das bondades do capitalismo. Aquel que ousa erguer a voz e dicir algunha verdade inconveniente é caricaturizado, desprezado, atacado, silenciado. A liberdade de expresión nos reximes capitalistas non alcanza para todos, xa se sabe. A ditadura do mercado non admite brotes vermellos. Os que poñen a lupa sobre Cuba, a ditadura, esquecen as lentes cando ollan para Colombia, a democracia. Mais sobre todo para si mesmos, encantados de coñecerse e, sobre todo, de que os outros non os coñezamos de verdade. Hai demasiadas vergoñas que agochar, e non todos os días temos fútbol, campañas de rebaixas e Belén Esteban para a anestesia.

Atilio Boron. El grupo español PRISA se está quedando metódicamente con los principales medios de comunicación de América Latina. Dentro de poco, para saber qué pasa en nuestra región, habrá que leer El País. Ellos son muy conscientes de la importancia de la batalla ideológica; nosotros, creo que aún no hemos llegado a calibrarla en su totalidad. Hay que demostrar que el problema no es solo el neoliberalismo, sino el capitalismo, pues ese neoliberalismo no es más que el nuevo ropaje de ese capitalismo. La batalla no debe ser contra la ropa, sino contra el cuerpo, contra ese modelo que ha demostrado ser insostenible.

O descrimento, o cinismo, o todos son iguais. As cousas non van con un. Estamos só nós, o noso e as nosas circunstancias, nós e o noso pequeno círculo máis próximo. Pensar máis alá e dicilo é propio de políticos. Nós non o somos. Ou sexa, somos de dereitas, sen sabelo.

Facer política. Dicíamo miña avoa: para que serás tan político?. O franquismo foi a normalidade, facer política era facer oposición ao franquismo. Coa dereita posfranquista ocorre que segue a acontecer o mesmo. Nós, os que facemos política, somos o termo marcado, os que temos que nos explicar e lexitimar a cada pouco. Eles a normalidade, o natural. Eles non fan política.

Invadir a realidade. A sociedade non existe, e se existe non nos interesa. Non querer ver libéranos dos nosos medos, preocupacións, problemas, ou cando menos fainos esquecelos por un momento. Evádenos. É cómodo, e comprensíbel. Invadir a realidade é máis custoso. Primeiro hai que perder o medo a vela, despois manchar as mans. As clases medias arxentinas, ou chilenas, ou alemás -católicas, burguesas, cultas, benintencionadas- non quixeron ver a realidade no seu día. Non sentiron os berros das casas do lado. Hoxe nós vemos Garaje Olimpo, e facémonos preguntas.

O socialista Obama e os defensores republicanos da liberdade. O real e a falta de principios. A realidade non se define a cada instante, en función dos intereses ou necesidades propias. A morte, a pobreza, a fame, a ausencia de educación, a ausencia de sanidade, o desemprego, a represión, non dependen dos ollos do que mira. Existen. A vitoria do subxectivismo, a negación do real, a renuncia á razón, a extensión social do todo vale, só interesan a quen ten os medios precisos para saír triunfante na lei do máis forte. Os demais queremos regras, igualdade real de oportunidades: un Estado social, non a beneficiencia do rico que pode querer non dala.

O medo ao real. Non ver, pechar os ollos, axuda a protexerse do medo á verdade. Se sabemos a verdade temos un problema, un dilema ético, e ese dilema obríganos a actuar. É mellor, por iso, permanecer na prácida vivencia do que se nos entrega xa mastigado como desexábel. Habitará en nós unha certa e molesta consciencia da hipocresía e da dobre moral, é certo, mais non hai que preocuparse: cando se consome de a pouco non sabe tan mal e tapa moito do frío. Á intemperie, fóra da nosa cínica intelixencia, fóra do reino da sensatez imposta, fóra do sentido común obrigatorio, poñeremos nas pantallas do óstrakon moderno o nome dos rebeldes, dos augafestas, dos discrepantes, para escarnio da masa. Sairán cada día, vilipendiados, nos nosos medios libres.

Queremos querer ver?. Obxectivamente, o decreto contra o galego reduce a presenza no ensino da nosa lingua e non favorece a igualdade real entre galego e castelán; antes ao contrario, actuará como un elemento agravante da xa de por si mala situación da lingua galega nos contextos urbanos (situación que, deixémolo claro unha vez máis, ten causas históricas e políticas e nin é casual nin resultado dunha suposta libre vontade dos falantes). Pódese velo, ou non. Ou máis ben, pódese querer non querer velo. Mais é así. E o problema é que se o vemos, falemos galego ou castelán, deberemos posicionarnos. E actuar. E axudar a cambiar as cousas.

Belén Gopegui. La posmodernidad, recuerdan, fue aquel tiempo en el que se descubrió que no había que creer en las palabras, todas eran huecas, con todas se podía ironizar, todas eran falsas y llenas de dobles sentidos y absurdas. La posmodernidad ha muerto aunque nos enseñó algo útil. En efecto, las palabras por sí solas no significan. Las palabras sólo significan en acto.

Samir Amin. Saír da crise do capitalismo ou do capitalismo en crise?. Hai unha saída comunista, hoxe.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios