Mapa dos sons de Cavanardá

Dos máis recentes aos máis antigos, por aquí pasaron -por diferentes motivos- as voces e as músicas da Señora Carmen, Ocean Colour Scene, Zeca Afonso, Aroah, Nouvelle Cuisine, B Fachada, Joaquín Sabina, Dominique A, Lambchop, Antónia Font, Vinicius de Moraes e Toquinho, Kevin Johansen, Ataque Escampe, Safari Orquestra, Lhasa, Joan Manuel Serrat, The Killers, Joao Afonso, Elis Regina, Sinead O´Connor, Ruper Ordorika, Projecto Trepia, Tricot Machine, Love of Lesbian, The Last Shadow Puppets, Pearl Jam, Coeur de Pirate, Sevigny, Joy Division, Redskins, Pete Doherty, Niño y Pistola, Cass Mc Combs, Suede, Oasis, Uxía, Manic Street Preachers, Santiago Auserón, Descarga ao Vivo, Os Resentidos, Cássia Eller, Resistência, Emilio José, Aló Irmao, Chico César & Maria Bethania, Guadi Galego, Som do Galpom, Cat Power, Morrissey, Caetano Veloso & Gilberto Gil, La Granja, Espido, The Jam, Narf, Capercaillie, Pablo Milanés, Antonio Vega, Fermin Muguruza, Fanny & Alexander, Jorge Drexler, Chico Buarque, Iván Ferreiro, Sorkun, Fabulosos Cadillacs, Nacho Vegas, MIA, Najla Shami, Zora Gabbara, Loquillo, Keren Ann, Christina Rosenvinge, Dexys Midnight Runners, Luisa Mandou Um Beijo, Jabier Muguruza, The Homens e Os Carunchos. Os que están en negriña son proxectos musicais galegos. Algúns outros non están por ausencia dun videoclipe interesante ou dalgunha gravación no youtube ou vimeo de boa calidade -e da canción procurada, en concreto-, mais gostaría que estivesen. É o caso de Projecto Mourente, Malandrómeda, Os Diplomáticos, Gran Purismo, Machina, Noise Project ou Joxe Ripiau, entre outros. E desde logo non poden faltar -e por iso os trae aquí a actualidade- Marful e Berrogüetto.

Berrogüetto
, xa coa voz de Xabier Díaz plenamente consolidada á fronte, vén de presentar o seu novo e extraordinario disco, Kosmogonías. E Marful está a piques de pechar a gravación do seu segundo, do que xa temos seductor adianto en modo Pasodoble Universal. Entrade nas súas webs para saber máis das actuacións, de onde mercar exemplares, etc

Vimos dun tempo de esperanza, de músicas en fervenza, de diversidade de sons, de estéticas e de discursos, de riqueza e orgullo pola cultura de noso, de Galician Tunes, de Música ao Vivo, de Aberto por Reformas, de A polo ghit!, de asociacionismo musical, de Rede de Locais de Ensaio. De mestura e celebración. Con Cuba, con Brasil, coa Guiné Bissau, con Cabo Verde, coa galegofonía mundial. De descuberta dos sons dos fillos e netos dos nosos emigrantes, que seguen fachendosos queréndose galegos, na Suíza, en Barcelona, en Bos Aires. Deitáronse Cantos na Maré, abríuse estación Central para o folque do país, soubemos de Redes con punto cat e punto pt. E aínda se esquecen cousas, foron tantas... Defendámolas todas, cantando, tocando, bailando, cun sorriso na boca. Somos un país de artistas, insiste con razón Xurxo. Celebremos a nosa mirada cara o mundo e o feito de seguirmos tendo tanto que oferecer. Daqui do alto, daqui da beira do mar, óllase limpo, óllase grande e óllase ben. Gravemos a vida compartida, nunca o silencio imposto.


pasodoble universal_ MARFUL from atua creacion on Vimeo.

2 comentários:

  1. Hai un momento curioso no video, cando Ugia mira para dous homes que nós vemos de costas, como escollendo entre eles. O do sombreiro é Martiño Noriega, alcalde de Teo polo BNG. O do foulard é Rafa Cuíña, fillo do Cuiña do PP e, polo que parece, galeguista (pouco durará no PP se o é realmente).

    ResponderExcluir
  2. Também podía tirar o sombreiro, que assim semelha elitista de mais, nom é?

    ResponderExcluir

Comentarios