A través do blogue CCCP descubro e comparto entusiasmado o novo traballo de Fluzo. Cada vez que me atopo con propostas como as de Fluzo, Malandrómeda, Noise Project... penso na necesidade de reconstruirmos a ilusión e articular espazos colectivos para a música galega, a través dos cales xerar nexos, comunicación, difusión, escena, ... A TVG e a RG nin o están a facer nin o van facer baixo a dirección política dun Partido Popular que teima na invisibilización da cultura de noso e na minorización social da nosa lingua, sabémolo ben. Mais queda a Rede como opción para facer nacer proxectos que nos conecten a públicos, xornalistas, artistas, seareiros, ...
A pesar de todos os condicionantes, a pesar da diaria violencia simbólica que padece a nosa cultura, seguen saíndo cousas capaces de deixarnos coa boquiña aberta:
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Comentarios