Primeiro verán

Vai arder o céu, esta tarde, no espello da chaira, por onda o regato do Cepelo . O camión volve baleiro e busca Foz no remate do norte, coa ventaniña aberta cara o primeiro verán. Pensaremos se pensan en nós, nese mesmo intre, lonxe. Pensaremos na volta, na primeira mirada de reencontro, no latexo arfado da conversa, nerviosa, minada de flores e medias verdades. Devorcados no río que nos leva, probaremos a nudez, o disfrace, darémonos fotos e historias para facer habitábeis as horas. Manteranos poderosos a inocencia, o fulgor do vivido, saber que cada erro foi ferida e porto e afiado perfume que nos abre por dentro, cando rompe a primavera.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Comentarios