Nós somos de Lugo



O españolismo triunfante vía ideoloxización masiva a través do deporte gañou novos e sorprendentes adeptos no BNG de Burela, onde semella existir certa lamentábel confusión que os leva a substituír -vía facebook- a defensa das teses lóxicas, históricas e compartidas por todo o nacionalismo (a defensa do dereito a termos unha selección nacional de noso) polo apoio ao combinado que representa o poder que nos nega. Un, nestes casos de abecedario, non sabe se suspirar, enfadarse, ambas cousas ou tomar un whisky con xeo. Porque a quen isto facía conscientemente, na India que loitaba pola súa independencia, chamábanlle, en lingua local, cipaios. Nós, que non somos malpensados e queremos crer que a cousa non é consciente, imos deixalo, tamén en lingua local, nun simple fatos.

Agardamos con todo, e polo ben da saúde dos compañeiros burelaos, que en caso de derrota de la roja non leven a frustración íntima que sentirán ás consecuencias ás que promete facelo o Eusebio, el Clenchillas.

Polo demais, como é evidente, nós somos de Lugo.



Nota: o deseño é da web Sei o que nos figestes..., coma sempre certeiros e xeniais.

2 comentários:

  1. Debe ser unha concreción desa idea, tan do gosto dalgúns compañeiros de Burela, de "homologarse".

    ResponderExcluir
  2. Temo que si... o caso é que queiran homologarse até ficar irrecoñecíbeis, e desaparecer...

    ResponderExcluir

Comentarios