Searching for the young soul rebels



Andaba musicalmente gozando de varias descubertas que o amigo Moi me fixera chegar desde o seu paradiso particular a semana pasada, e tamén ao tanto do que ía saíndo por Galiza. Á espera do novo disco de Fanny & Alexander (do que xa coñecemos algún tema de adianto) nos pasados días tivemos ocasión de escoitar o primeiro de Som do Galpom , editado por Falcatruada como grupo gañador do concurso Nsaio no Camiño, e tamén o primeiro de Magritte, en edición dixital da Regueifa Plataforma.

Porén, despois dunha fin de semana na que tiven a oportunidade de coñecer a un dos máis destacados xogadores dos Porcos Bravos (o combinado nacional galego na Anglogalician Cup), este domingo púxoseme o corpo máis anglófilo e cantábrico do habitual. Sabido é que nas escrituras das terras en Ribadeo facíase constar os seus lindes indicando que, polo norte, lindaban "con Inglaterra, mar por medio", así que tampouco debería resultarnos tan estraña a especial querencia ribadense polo northern soul e a cervexa compartida con amigos. O día, nese sentido, foi completo. Pola mañá houbo situacionistas ingleses dos 60 e viños (cos riquísimos chourizos do Cabás e garabanzos con bacallau do Recuncho) polas Catro Calles; á tarde, banda sonora dos Dexys Midnight Runners e partido do Barça con pinta de Guinness incluída.

Velaquí un video para os celtic soul brothers do Toco do Recuncho, e chuchos ribadenses para Fran e Marta.



10 comentários:

  1. dios!!! QUE GRANDE ....o VENTO DE CAVANARDÁ , A ÉPICA BRUTAL DO COTIÁN , MOITO MÁIS QUE VECIÑOS QUE COMPARTIMOS O MESMO A AR E O ALENTO DAS XEADAS, DE VILAFRAMIL A KINGSTON...RADIACIÓN NOS BEIZOS NISTE BRUTAL CHERNOBYL DIXITAL!!

    ResponderExcluir
  2. Como blogueiro (algo) veterano, asígnolle a medalla de ouro a zimmer 103 por escribir o 1º comentario en Cavanardá, e levanto acta do asunto.

    ResponderExcluir
  3. Como vistes, estou feito un demócrata! Xa abrín o blog a comentarios e todo... jeje. E non esperaba menos de Xermán, sempre raudo e apaixonado. Había que ir pensando nunha cea de blogueiros (non bloqueiros, aínda que algúsn reunamos as dúas condicións) ribadenses. Apertas aos dous!

    ResponderExcluir
  4. Espero reunirme pronto ó club. Aínda eu non sei se me aceptaredes como ribadense. Sodes tan asín...

    ResponderExcluir
  5. a ver se é verdade, agora que acabaches o outro encargo literario no que andabas. por certo, aínda non chegou!

    ResponderExcluir
  6. Estes de Correos. O único que teñen bo é o nome.
    Por certo, esto que estou facendo debe de ser algo parecido ó bilingüismo harmónico ese do que falan

    ResponderExcluir
  7. ti le a entrada seguinte, rompeu a primavera, e anímate a tarde, pontevedrés

    ResponderExcluir
  8. Xa a lin, Xavierín, unha preciosidade preciosa. Dime que te chegou hoxe, anda

    ResponderExcluir
  9. David Edward Samuel Ernest Peckinpah Jr.5 de junho de 2009 às 14:03

    El Señor casi me lleva ese fin de semana. Obviando esta nimiedad me lo pase tan fucking brilliant como todas las demás veces que mi hígado se vara en el lado septentrional del paraíso.

    ResponderExcluir
  10. Robert Allen Zimmerman5 de junho de 2009 às 21:30

    Foi unha sinal divina. Non pode haber gozo real sen sufrimento previo, compañeiro. Terás que volver pola beira leste dos corazois para rematar o comezado. Por suposto, toda a Brigada Enfanterribilista está convidada. Tocarei para vós até facerche derramar outra bágoa.

    ResponderExcluir

Comentarios