Como tirar unha caña de Estrella

Despois de tanto escribir sobre política, lingua, acción cultural, música, ... pensei que ía sendo hora de falar de algo realmente importante: como tirar unha boa caña de cervexa (Estrella Galicia, of course). A ocasión ponma en bandexa Manolo Gago, que no seu blog Capítulo 0 conta como foi o curso intensivo da cata de cervexas ao que asistiu. Como veredes no video, a cousa ten a súa ciencia, aínda que non aprendín nada que non soubese dos meus tempos de infancia por entre a barra e as mesas do Bar Venecia de Ribadeo. Os amantes das birras (sei cando menos de dous ribadenses leitores de Cavanardá aos que este post interesará especialmente) desfrutade coa explicación e os comentarios. Eu, nun par de semanas, andarei probando as tostadas, negras e rubias (cervexas, sempre) do Grifón pontevedrés.

6 comentários:

  1. Isto debería ser de obrigado cumplimento en tódolos bares. Un título acreditaivo ó lado do certificado de sanidade

    ResponderExcluir
  2. Spangler Arlington Brugh29 de abril de 2009 às 16:48

    Unvez Kelt‏

    ResponderExcluir
  3. Unités Celtes. Verémonos antes de que o Grifón vaia -escape- polo vento. E xa me contaredes o de Rennes...

    ResponderExcluir
  4. É alucinante o que pode cambiar unha caña segundo estea ben ou mal tirada. Comprobeino claramente en Dublín coa Guiness. O problema é que non todos os camareiros teñen tempo e/ou gana de facer facer ben as cousas.
    E coa Guiness, se che debuxan o trevo como remate, a cousa xa é de Matrícula.

    ResponderExcluir
  5. Pois xa podes chamar se ves, maricón, que non te volva a atopar no Karma coa festa xa feita.

    PD: Mandáme o teu correo, porfis, que decateime hoxe de que levo varios días mandando tetazas a dirección da Xunta. Calquera día saen os do PP nunha rolda coas fotocopias dos envíos: "A esto, a esto se dedicaban los del bipartito!"

    ResponderExcluir
  6. Suso:

    Anoto o da Guiness para as miñas próximas andainas por Dublín :)

    ResponderExcluir

Comentarios