Un mes de Cavanardá


Hoxe cúmprese un mes da apertura desta pequena bitácora dixital, que sempre pretendín positiva, honesta e operativa. Quería con ela intervir a favor daquelas causas e realidades que me interesan e que gosto de compartir cos demais: o nacionalismo galego, os movementos transformadores a nivel mundial, a difusión da nosa cultura, as políticas culturais, a creación artística ... Non sei até que punto o estou conseguindo, pero a verdade: é divertido e teño gañas de seguir. É probábel que nesta altura, despois de xa bastantes entradas e comentarios, algún amábel leitor que tiver a paciencia de pasear por esta ribeira debuxase máis dun sorriso paternalista nos beizos. É comprensíbel. Aos ollos de algúns, manifestarse na actualidade en positivo a favor das causas que o merecen dá imaxe de candor e de inocencia xuvenil; traballar organizadamente conleva non ter criterio propio; construír ilusións e sumar xente é ben menos útil e interesante que a crítica fácil contra nós mesmos ou que a distancia aséptica que nin mancha nin deixa pegada.

Militar consecuentemente, asumámolo, non está de moda. Hoxe o intelixente son outras condutas: o galeguismo de conferencia e intimidade, os artigos baleiros en La Voz de Galicia, o prestixio intelectual do pesimismo, o ascenso profesional na academia, a defensa indignada dos media na democracia, o asepticismo do xestor sen compromisos, o cinismo destrutor disfrazado de ironía. Todo o que este blog, con Kiko Amat, despreza:

“...el cínico es el depredador dialéctico que pone en peligro todo a lo que aspiramos. Destroza ilusiones y anhelos, ignora cualquier cosa que le cuentes, siempre tiene la razón, es aquel que te recuerda por encima del hombro que “solo los tontos lo intentan”. Es el que se ríe de ti porque vas a marchas contra tal o cual... Es impermeable a nada que no sea a) lo que le han enseñado en la Universidad o b) lo que ha visto en la TV / leído en El País. Es el abogado del diablo. ¿Para que tener ideales, para que estar furioso e indignado, por que ir contracorriente, por que no seguir este ritmo de crecimiento y de consumismo si, total, el mundo es una mierda y estamos en este mundo dos días?”

No vento de Cavanardá, decididamente, milita contra o cinismo. Valora todas as achegas dos que saben, como Menotti, para que e para quen xogan. Non cre nas neutralidades, e si na honestidade de mostrar os puntos de partida á hora de comezar os debates. Quere ser positivo e crítico e divertido ás veces, pero sobre todo quere sumar na dirección que defende. É absolutamente político. Tamén ribadensista, e culé. E comparte a tristeza de Laura Bahía, a personaxe protagonista de El lado frío de la almohada:

“Llevo bastantes años en España y a veces, cuando vuelvo a Cuba, siento rubor al escuchar algunos programas de televisión donde se cuenta lo que están intentando. Son cándidos, son casi ingenuos. ¿Es que no tienen ironía?, me pregunto. La tendrán, pronto la tendrán.

Si Cuba cae, y es posible que caiga, la tendrán. (...) Pronto la tendrán porque en el mundo desarrollado ironía casi siempre quiere decir cinismo o ser capaz de no creérselo del todo, hablar de cualquier cosa, el bien común, la justicia, con los dedos cruzados, manteniendo una doble atención y no, como suele decirse, debido a una comprensión de las imperfecciones sino por la conciencia de que lo que decimos no va del todo con nosotros. Porque hay un fondo y un doble fondo, señor director, hay una cámara y una recámara y ahí, en la recámara, se guardan los cartuchos, las joyas, los repuestos, y a ese lugar nos retiramos cuando se trata de coger impulso. (...)”

Neste primeiro mes de ondas de palabras, músicas e imaxes, fomos mantendo a nao na dirección que pensabamos axeitada. Seguiremos igual, militando no entusiasmo e na procura da beleza polas augas nordestinas de Cavanardá, as mesmas que enchen de mar estas palabras co fermoso cadro do galeguista ribadense dos anos 30 Amando Suárez Couto, titulado Bote de vela de Ribadeo.

Moitos chuchos a todos e todas e saúdos desde a beira norte dos corazois.

2 comentários:

  1. Levas un mes agregado a "favoritos". Estás sendo un alento urxente e necesario nestes tempos de confusión e desánimo. Avante toda!

    ResponderExcluir
  2. iso si é un piropo! a verdade é que estamos en tempo de recobrar forzas e mirar o futuro non con optimismo, senón con entusiasmo. poñemos aos strokes no Ipod e para adiante...
    apertas!!

    ResponderExcluir

Comentarios